Wednesday, March 28, 2007

Outra enciclopedia virtual

Vaia día de cans! Acabo de chegar de Santiago e non parou de chover en todo o camiño. Menos mal que estamos en primavera que si non… Seguro que algúns e algunhas despois do final de inverno que tiveramos xa gardara a roupa de inverno. Creo que é o momento de collela.

Estes días estou vendo unha serie de películas e de documentais sobre a situación de África e realmente estou espantada. Non é que non soubese o que sucede por eses países, maís que nada por que o meu pai xa leva uns cantos anos traballando polo mundo adiante e algo nos conta na casa. Pero é que despois de ver “La pesadilla de Darwin”,” El jardinero fiel”e “Diamantes de sangre”, hai unha serie de valores e cuestións do “noso mundo” que merecen unha reflexión.

Polos países desenvolvidos, a noticia tecnolóxica destes días é a creación dunha nova enciclopedia on-lin, virtual ou como lle queirades chamar. Xa vedes no dibuxo como se chama e o seu enderezo é o seguinte: en.citizendium.org. Parte coa base da famosa wikipedia e de feito é dun dos seus creadores pero pretende ter outro control. Xa contardes que vos parece

Posted by vanem at 18:57:55 | Permalink | No Comments »

Sunday, March 25, 2007

Facía tanto tempo…

 Casi un mes sin andar polo meu blog, notase que cando non hai a presión das notas baixamos a garda, aínda que para o que contou o blog para nota, sinceramente, casi era mellor non facer nada. Despois de tanto tempo, teño que dicir que casi me atopo un pouco rara voltando a escribir aquí Teño que dicir na miña defensa, si se pode dicir así, que este mes como ven sendo norma estiven a mil, entre as clases, as prácticas e os traballos como para pararme no ordenador,;nin o vin diante.

E hoxe non vou a falar das TICs, senón da miña prima que o vindeiro día seis de abril cumprirá un ano. Chámase María e hoxe veu a miña casa despois de moito tempo e aproveitei para sacarlle unas fotos. Deixovos unha para que vexades que guapa é.

 

 

 

Posted by vanem at 19:19:37 | Permalink | No Comments »

Thursday, March 1, 2007

Outro día sin usar o móbil

Lembrades que o pasado mes, mellor dito, en xaneiro, fíxose un amago por parte de certos colectivos para non usar os teléfonos móbiles, que todo hai que dicir, tivo escaso éxito. Non sei como será hoxe, pero a mín dame a sensación de que non vai a ter demasiada incidencia e as grandes compañías seguirán matendo o seu oligopolio, que como o monopolio, pero entre varias empresas.

Mentras nos andamos cada vez maís pendentes de si usar ou non ese aparato, agora o que está de moda e o de publicar as propias imaxes, o de que cada un facer a súa televisión, o que se coñece como “egopublishing”. Esto sigue a unha velocidade de cuidado, nos últimos dez anos pasamos de que  último do último era unha páxina web a agora facer unha televisión propia, pasando polos blogs, as radios,…, ¿vai a parar esto nalgún momento?

Posted by vanem at 14:53:03 | Permalink | No Comments »