O APASIONANTE MUNDO DAS OPOS
Como facía tempo que non escribía nada, aproveito ahora que descanso un pouco de estudiar para dedicarlle algo ó meu blog, que o teño abandonado.
Pois si, aquí estou, metida neste lío das oposicións que son un auténtico coñazo. Paso de pensalo moito e de comerme a cabeza porque me queda un largo curso por diante. Pero é que hai deses malos días nos que solo de pensar todo o que teño que facer xa me dá moi mal rollo. Que si os temas, que si as unidades didácticas, que si a programación…Xa vos podedes imaxinar, solo decir a palabra(“opos”) e todo o que supón…E menuda maneira de descansar do estudio, falando do mesmo tema. Será que hoxe non estou de bo humor, un día no que vexo todo negativo e moi chungo…

Posted by
at
19:19:09