Monday, October 22, 2007

CUMPLEANOS DO BLOG!!

Dinme conta, aínda que uns días tarde, que o meu blog está de cumpleanos. Sabía que era por estas datas pero non me acordaba do día exacto. Non tuven moito tempo a mirar antes, pero agora acabo de facelo e resulta que cumpliu un ano o venres pasado (o 19 de outubro). Quen me iba dicir que iba aguantar tanto tempo o famoso blog que tuven que empezar a facer na clase de novas tecnoloxías.
A verdade é que era a primeira vez. Gustoume a idea de ter un diario na rede, pouco a pouco fun incluíndolle cousas e facéndoo á miña maneira. A pesar de que creo que lle dediquei bastante tempo durante a duración da asignatura de maxisterio, creo que non se viu recompensado para nada porque a profesora non lle dou moita importancia a tódalas entradas que fixen durante o primeiro cuatrimestre. Pero bueno, o “mundo de maxisterio”…ja, ja, ja, esa é outra historia da que non  me apetece falar ahora mesmo. Como xa dixen antes, hoxe non teño un humor moi bo, así que non sería o mellor momento para falar desa facultade.
A cuestión é que sigo escribindo no blog despois de pasar un ano, a verdade é que eu mesma pensaba que non me iba durar tanto tempo, pero ó final sigo manténdoo, aínda que tampouco é que lle dedique tantísimo.

Posted by vanem at 19:47:22 | Permalink | No Comments »

O APASIONANTE MUNDO DAS OPOS

Como facía tempo que non escribía nada, aproveito ahora que descanso un pouco de estudiar para dedicarlle algo ó meu blog, que o teño abandonado.
Pois si, aquí estou, metida neste lío das oposicións que son un auténtico coñazo. Paso de pensalo moito e de comerme a cabeza porque me queda un largo curso por diante. Pero é que hai deses malos días nos que solo de pensar todo o que teño que facer xa me dá moi mal rollo. Que si os temas, que si as unidades didácticas, que si a programación…Xa vos podedes imaxinar, solo decir a palabra(“opos”) e todo o que supón…E menuda maneira de descansar do estudio, falando do mesmo tema. Será que hoxe non estou de bo humor, un día no que vexo todo negativo e moi chungo…

Posted by vanem at 19:19:09 | Permalink | No Comments »