Thursday, September 20, 2007

Por partes

Polo verán andiven desconectada do mundanal ruido e o meu mozo, non tivo mellor idea para “evadirse” que ir de vacacións para Brasil. Como todo o mundo sabe, Brasil máis que un país é un continente e nós estivemos no Estado das Lagoas, nun pequno pobo chamado Maragogi. Alí, un amigo noso, Alberto, xunto con outros dous socios, montou un hotel resort espectacular (máis información nesta web, http://www.miramarmaragogiresort.com/). Estivemos oito días a corpo de reis e deunos tempo a visitar lugares e parias espectaculares. Esta foto sacámola na cidade de Olinda, unha fermosa cidade constuida polos portugueses alá polo século XVI. Situada nun alto, dende ela podese ver a cidade de Recife, unha das maís perigosas do mundo.

Posted by vanem at 13:16:43
Comments

Leave a Reply