Agora unha de boda

A finais de agosto casáronse a miña amiga Gema e máis o seu mozo de toda a vida , Fabián. Nun día de sol, que caían os páxaros dos postes da luz, a boda foi emotiva (moitos choros tanto na ceremonia coma no banquete), festiva (algúns dos amigos de Fabián eran do máis coñeros) e festeira ( estivemos bailando na de Elías ata ás dúas da mañán).

