Thursday, May 17, 2007

Día das Letras Galegas+Día de Internet+Sigue a farsa electoral

 

Vaia día que temos hoxe en Galicia, tantos días de celebración, que non sei por cal comezar. Para nós o maís salientable é o das Letras Galegas, que ademais permitenos ter catro días libres, sen clase e de descanso para quen queira. A celebración deste ano vai para a poetisa María Mariño, que teño que recoñecer que non me sonaba de moito. Cada ano sonanme menos os escritores.

Tamén é o día mundial de Internet, o que me leva a preguntarme si hai algo ao que non se lle adique o día de. Tanto nas teles coma nos periódicos levan todo o día dando datos e falando da incidencia de internet e a súa implantación no noso país

Para rematar seguimos co asco das eleccións, si lles facmos caso na miña parroquia creo que van a poñer unha parada do AVE, unha terminal de aeroporto e un complexo hospitalario. Todo iso, sempre acompañado duns vasos de viño, empanada e demaís viandas Que carallada!!!!

 

Posted by vanem at 19:22:33 | Permalink | Comments (1) »