Outro día sin usar o móbil

Lembrades que o pasado mes, mellor dito, en xaneiro, fíxose un amago por parte de certos colectivos para non usar os teléfonos móbiles, que todo hai que dicir, tivo escaso éxito. Non sei como será hoxe, pero a mín dame a sensación de que non vai a ter demasiada incidencia e as grandes compañías seguirán matendo o seu oligopolio, que como o monopolio, pero entre varias empresas.
Mentras nos andamos cada vez maís pendentes de si usar ou non ese aparato, agora o que está de moda e o de publicar as propias imaxes, o de que cada un facer a súa televisión, o que se coñece como “egopublishing”. Esto sigue a unha velocidade de cuidado, nos últimos dez anos pasamos de que último do último era unha páxina web a agora facer unha televisión propia, pasando polos blogs, as radios,…, ¿vai a parar esto nalgún momento?
