A piratería, algo imposible de erradicar
Xa facía uns cantos días que non pasaba por aquí, así que voulle a dar un pouco ao teclado. Lendo hoxe o xornal, vexo un artigo que pon que máis do 46% dos programas instalados nos ordenadores do noso país son piratas. Que pensades vos? Para min é un número reducido, aínda que a noticia sigue dicindo que estamos dez puntos por riba do resto do continente. Pola miña experiencia, cando fun a mercar o meu ordenador na propia tenda xa me instalaron todolos programas (e iso que era unha tenda seria) e cando foi o meu pai a mercar o portátil tres cuartos do mesmo. Si hai algún programa que non tes, a maioría da xente non o merca, senón que o consigue de outros xeitos.
Penso que este tema é difícil de controlar porque está moi metido dentro de todo o mundo da informática, e senón pensade en todo o da música e do cine. Por exemplo, co estreno de Vista, unhas horas antes de que se fixera a presentación, en China xa se vendía o progrma por pouco máis de duascentas pesetas (1, 3 euros)
Solucións para esto? Vos diredes
