Thursday, February 15, 2007

A voltas con este novo mundo

Despois do stress das semanas pasadas (blog, portafolio,exames e traballos) pouco a pouco vou collendo as forzas que fun perdendo nos dous meses anteriores, onde apenas si pise a rúa. Esta semana ata baixei ao pobo un día e permitinme ir ao cine que xa facía tempo que non ía. Por certo, fun a ver Babel, que recomendo ir a ver.

Agora, mentras descanso dos traballos de Vidal, pareime a ver as fotos da feira de telefonía móbil que se celebrou en Barcelona e da que xa puxen unha entrada fai uns días. E quedo abraiada coa velocidade a que van no mundo das telecomunicacións, mentras miro para o meu rudimentario móbil. Creo que si vou a esa feira e me sona non sei si contestaría por temor a fcer o maís espantoso dos ridículos

O que vedes aquí é un teléfono exclusivo de Prada; do precio, mellor outro día

Posted by vanem at 15:14:07 | Permalink | No Comments »