¡POR FIN!
Dígoo porque era hora de que acabaramos os exames. Creo que non só eu senón todo o mundo tiñamos moitas ganas de facer o exame de hoxe para poder descansar un pouco porque con este ritmo…Eu levo sin parar casi dende as navidades, entre traballos, individuais e en grupo, máis traballos e cando deixei os traballos empezar a estudiar para os exames, non tuven tempo nin a respirar. Estaba desexando saír do exame de hoxe, que por certo non me saiu demasiado ben, non me esperaba algunha das preguntas. Tiña outras moito mellor estudiadas ca esas. E creo que eran máis importantes outras cousas que algunhas das que o profesor preguntou, non sei, esperábame outra cousa. 
Bueno agora quédame seguir con un traballo para unha asignatura que é anual e que como estiven tan liada cos exames, téñoo un pouco abandonado e estancado. Teño que seguir a ello porque quero acabalo de unha vez xa que está aí pendente dende fai tempo; empeceino pero non puiden acabalo e como os exames tiñan máis prioridade, agora teño que seguir con el, loxicamente.
E a ver si podo descansar un pouco antes de que volvan a empezar as clases porque case non dá nin tempo a decir que acabamos os exames e xa temos que volver a clase outra vez, cando nos deamos conta estamos outra vez collendo apuntes. Un respiro, por favor. 