Sunday, February 4, 2007

Semana moi movida

Vaia semana que tivemos a nivel educativo; por un lado anunciase que na selectividade deste ano van a facer unha proba auditiva no examen de inglés. Creo que foi o martes cando o dixeron e saiu publicado, pero co liada que estiven eses días (tres exames en setenta e dúas horas, tres días para ser precisos) non lle prestei toda a atención debida. Creo que é un bo sinal para que a língua estranxeira vaia consolidandose e que sexa valorada do xeito que se merece. Xa dixen nunha entrada que o proceso normal de ensinanza-aprendizaxe nun idioma debese de traballar dun xeito oral. Esperemos que noticias deste tipo sigan aparecendo. Tamén se comentou que durante a primeira etapa da ESO, será de caracter obrigatorio un segundo idioma, na maioría dos casos será o francés.

Mentras esto sucede no ámbito educativo, xa veríades o anuncio da estrea do Windows Vista, que vai a substituir ao polémico XP. Cinco anos de probas e máis de cinco mil millóns de dólares investidos ven valen a pena. Por certo, xa se detectaron as primeiras copias piratas en China, pero isto supoño que será “peccatta minuta” para o que vai a recaudar Microsoft con este novo producto que ademáis provocará a xubliación anticipada dunha chea de equipos informáticos. Máis do 90% do mercado está copado polos programas de Microsoft, por iso tamén me parece interesante o do software libre, que vai a celebrar unha xuntanza en Badaxoz, unha das CC.AA. pioneiras neste método de traballo, xunto con Andalucía. Deixovos un artigo moi interesante para os que lle queirades botar un vistazo,  http://www.elpais.com/articulo/internet/Badajoz/convierte/capital/mundial/software/libre/elpeputec/20070204elpepunet_1/Tes

.

Posted by vanem at 15:41:34 | Permalink | No Comments »