Tuesday, January 30, 2007

A Estrada, un concello pioneiro

Mentras vemos todolos días grandes ofertas para realizar a conexión a internet, grandes empresas que ao final veñen a ser todas bastante parecidas. Na nosa zona agora estase implantando no casco urbano a compañía R, que xa goza de bastante popularidade na cidade herculina. O problema e que na zona rural, nada de nada. Nos, na nosa casa estamos con Telefónica, que de momento non nos deu ningún problema, si ben é certo que so levamos dous meses con esta compañía.

Todo esto digoo, pola noticia que vos poño a continuación, extraída da páxina web do concello de A Estrada. Resulta que neste concello pontevedrés todolos seus habitantes poderán estar conectados a internet a través dunha rede sin fíos, vivas no centro do concello ou nunha das súas múltiples aldeas. O precio? Pois dez euros ao mes e ata xullo gratis. Que vos parece?

Comeza o proceso de altas para a rede wifi de “aestradadixital” sen fíos

A conexión, con 1 mega de capacidade e que chegará a todos os rincóns do municipio, será gratuita ata o vindeiro 1 de xullo, e logo custará 10 euros ao mes.


 

        O programa ‘aestradadixital’ presentou o seu proxecto estrela: a rede wifi que dará acceso a Internet de banda ampla a todo o territorio. Trátase dun proxecto pioneiro, polas súas características e complexidade técnica. Abarca todo o municipio, con 52 parroquias,
282 kilómetros cadrados de extensión e 473 núcleos de poboación rural.

        Dende o pasado martes, día 30 de xaneiro, os usuarios que desexen conectarse a ‘aestradadixital sen fíos’ deben pasar polas oficinas do programa (no segundo andar do edificio de usos múltiples). Alí, ademais de cumprimentar un formulario deben aportar fotocopia do DNI e de documento que acredite a titularidade dunha conta bancaria. Con esta solicitude feita, nun prazo máximo de 20 días, pasará polo seu domicilio ou empresa un técnico de ‘aestradadixital’ que lle levará o chamado kit de usuario (formado por antena e router) e dará as explicacións  técnicas oportunas . No caso de que o usuario desexe incorporar algunha funcionalidae a maiores ou o kit de usuario precise dunha instalación poderá facelo el mesmo, seguindo as indicacións  de ‘aestradadixital’, ou ben contratando pola súa conta o servizo dun instalador homologado. Os kit, con routers similares aos de Google nos desplegues que fai en Estados Unidos, tampouco teñen custes (facilítanse aos usuarios en calidade de cesión).

        A rede, cunha capacidade de 1 mega simétrico (1 de subida e 1 de baixada), está preparada para incorporar máis servizos nun futuro. A conexión será gratuita ata o 1 de xullo. A partires desta data, a tarifa única será de 10 euros ao mes.

        O concelleiro responsable de ‘aestradadixital’, Xosé Manuel Reboredo, abríu a presentación lembrando que se trata dunha experiencia única en Galicia, España e mesmo en Europa, onde hai contados casos destas características en países como Finlandia ou Irlanda. “Somos conscientes de que houbo retrasos, e pensamos que deben entenderse na medida en que éste é un proxecto de carácter experimental”, dixo. Reboredo, tamén incidiu en que a rede, “a columna vertebral” de ‘aestradadixital’ e o gran paso para romper a chamada fenda dixital.

        No acto de presentación tamén participaron o director de ‘aestradadixital’, Carlos Andújar, e Santiago Cárdenas,  director da zona noroeste de Tecnocom (a empresa que adxudicataria do despregue), que destacou o carácter innovador da rede estradense, cunha tecnoloxía complexa e superando os retos adicionais da orografía neste municipio rural. Sumáronse ás noraboas,  o representante da Fundación Caixa Galicia, Xosé Victorio Nogueira, a directora do proxecto Ciudades Dixitais de Galicia, Felicitas Rodríguez, e tamén o responsable deste programa no Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Fernando Herrero, quen se referiu ao proxecto coma o “pistoletazo de salida” dun traballo que debe continuar.

        Trala presentación houbo un percorrido por emprazamentos do rural para facer unha demostración do funcionamento da rede.

Posted by vanem at 23:08:25 | Permalink | No Comments »