Monday, January 29, 2007

A favor ou en contra do dominio .gal

 

Como ben sabemos todos, todalas páxinas web teñen una dirección, que remata co famoso punto algo, onde as máis comúns son as .com ou .org, que son as máis internacionais. Tras estas estarían as que fan referecnia ao país de onde sae a páxina, onde no noso caso, temos que destcar as .es, que son a meirande parte. Algún estará dicindo a onde quere chegar esta introducción, pois a isto, que sae hoxe nun xornal:

Por un barrio galego en Internet

A campaña de PuntoGal

A iniciativa por un dominio propio para a lingua e a cultura de Galicia busca obter un amplo apoio social para avalar a proposta ante a entidade que xestiona a súa concesión

Doce entidades constituíron en xuño do ano pasado a Asociación PuntoGal para promover a creación dun dominio propio en Internet que agrupase os espazos relacionados coa lingua e a cultura galegas. Dende entón, xa se engadiron os apoios doutros colectivos e firmas, ademais de numerosas sinaturas, a título individual, a prol deste barrio galego na Rede.

Presidida polo secretario da Real Academia Galega, Manuel González, a asociación é a encargada de avalar ante a Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN), o organismo encargado de autorizar os dominios de Internet. Trátase dun proceso «longo e complexo», como afirman dende PuntoGal, e que canto máis apoio social acade, máis posibilidades ten de conseguir a meta marcada. Por este motivo, a concienciación social sobre a necesidade de que Galicia dispoña dun dominio propio é un dos obxectivos principais da asociación.

«Dentro de dous meses hai unha reunión da ICANN en Portugal -explica Manuel González- e queríamos facer acto de presenza alí para ir creando un certo ambiente, para darnos a coñecer e para establecer contactos con membros que poidan influír un pouco na decisión final». O presidente de PuntoGal lembra tamén que tiveron que formar unha asociación porque a petición para contar con este dominio .gal ten que presentala unha entidade privada, «non vale que o faga unha institución pública».

En canto ao proceso oficial para acadar este dominio, apunta González que é necesario presentar unha serie de informes, «uns de carácter técnico e outro digamos máis filosófico-cultural». «Estamos traballando neses informes e contactamos xa cunha empresa que é a que nos guiará na parte técnica da proposta e o apartado máis cultural e filosófico ímolo elaborar nós mesmos», di González.

Espello

O PuntoGal ten un espello no que mirarse: a experiencia catalá. A finais do ano pasado estrouse o primeiro dominio .cat, que agrupa a webs que teñen no catalán o seu idioma vehicular principal e tratan da cultura do país. De feito, Manuel González explica que están en contacto coas persoas que promoveron este dominio «e están aconsellándonos pola boa vía». Sobre o feito de que PuntoGal non ten o problema de .cat sobre o significado en inglés, González apunta: «Ese era un problemiña pequeno, pero nós temos outros problemas, que non é prudente adiantar agora, pero que son bastante máis importantes».

En canto a posibles plazos para a posta en marcha deste dominio, explica que a ICANN ten que poñer en marcha un período de candidaturas que aínda non se abriu «e probablemente tomará a decisión sobre as datas nesta reunión que se celebrará en Portugal», segundo indica Manuel González.

Ben, agora o que me gustaría saber, si alguen le este caderno de bitácora, saber si estades a fvor ou en contra do dominio galego. Eu opinarei despois.

Posted by vanem at 13:45:54 | Permalink | No Comments »