Outra vez Bill Gates

Como xa saberá todo o mundo, o martes faise a presentación do novo sistema operativo de Windows, o famoso Vista, que coma sempre conta cunha multitude de partidarios e detractores. Dende fai uns cantos meses ambos grupos levan dicindo as vantaxes e os inconvenientes deste novo producto. Nos, coma clientes potenciais, teremos que esperar un pouco para ver si merece a pena ou si tamén non lle vemos nada positivo.
Onte día de frío, moito frío, no que estiven repasando para o examen desta semana. Despois de tres semanas facendo traballos coma unha cosaca, agora toca poñer os codos. Prestaba quedar na casa porque a tarde non invitaba á heroicidade de saír a rúa. O venres andiven de investigadora para saber si no centro no que fixera as prácticas había moito uso de blogs e leveime una sorpresa; por exemplo, ademais dun profesor, son moitos os alumnos que teñen a seu partícular caderno de bitácora, sobre todo os de 3º e 4º da ESO. Falando co profesor, díxome que el ten un para poñer as noticias relacionadas co baloncesto e que os alumnos consultan esas noticias. Respecto o dos alumnos, dixo que o dos blogs estaba causando furor e que os usaban no sentido de colgar as fotos deles e que tiñan un notable éxito. Tamén me comentou que para moitos era unha boa experiencia que lles gustaba moito, tanto facelo como consultalo.
Como case sempre, os alumnos van por diante dos profesores…