A ÚLTIMA CLASE DE NNTT
Para acabar o día, fago un comentario sobre a última clase da asignatura de Novas Tecnoloxías que foi onte (xoves). Teño que dicir que me encontrei a gusto cando vin que era capaz de subir a primeira páxina de proba do portafolio. Pensei que sería máis difícil pero coa explicación e algo de axuda conseguino. Un síntese mellor cando as cousas saen ben, sobre todo cando te tes que pelear co ordenador, cun programa determinado, etc. A cuestión é que me parece que hai que ter moito cuidado con certos detalles para que a páxina se vexa ou para que non haxa fallos, como por exemplo o feito de poñer “index” porque si tes un despiste e lle chamas “index1″ xa non vale. Parecen tonterías pero como diciamos onte en clase, si non os tes en conta, despois será o doble de traballo porque tes que correxir, saber donde está o error, volver a facer as cousas, o sea, mellor fixarse no que hai que facer e como para non lamentarse máis tarde.
Tamén quería dicir que me gustaría haber visto na clase máis exemplos de portafolios de outros anos ou de outras asignaturas. Non se trata de copiar nin nada diso, senón de recibir ideas, imaxes que nos podían suxerir moitas cousas, sempre axuda ver modelos que poden dar pistas porque unha imaxe ou un formato ou modelo determinado ou calquera detalle por moi pequeno que pareza, sempre pode darnos boas ideas. E creo que vimos moi poucos modelos. A profesora insistiunos moito co portafolio, nas reflexións que ten que incluir, a continuidade que debe mostrar, a conexión entre as distintas partes, etc. Creo que entendo todo eso que nos explicou, ahora a cuestión será levalo á práctica e saber reflexalo no portafolio dixital. Estou pensando en ideas distintas pero aínda non o teño moi claro. Paréceme bastante complicado. A ver que sae.
Chao a todos.
Isto do potafolio xa o sabiamos desde o principio do curso, podiá se boa idea que estes modelos se ensinaran ó inicio do curso, desa forma se potenciaría os resultados destes traballos finais.