Saturday, January 20, 2007

A brecha dixital entre alumnos e profesores, é real?

Fago un descanso nos meus traballo, mentras espero acabar o antes posibles cos traballos de outras asignaturas. Outro sábado máis sin saír de casa o que aproveito para estar un pouco sentada no sofá co meu irmán. Nun momento dado, preguntame polo meu blog, que que tal me vai. Digolle que ben, e con cara medio sorprendida pregúntolle que sabe el dos blogs. Con cara de risa, dime que casi todolos seus amigos teñen un blog ou un fotolog. Quedo cunha cara de parva e el continuame dicindo que o actualizan casi todolos días e que os fins de semana o ambiente e os comentarios que hai neles botan fume. Tamén me deixou claro que nin de broma me iba a dar a dirección de ningún deles (supoño que será polas fotos). Medio mosqueada, un pouco máis tarde, chamei ao profesor de tecnoloxía e pregunteille se había algúnha profesora que tivese un blog. Casi lle da algo ante a miña pregunta; díxome que el tiña unha páxina web para o seu negocio privado e que lle parecía que o profesor de historia tiña algún blog, pero que non estaba seguro. Volvemos ao mesmo, a realidade, as veces, supera a escola. Mentras os alumnos usan as novas tecnoloxías, aínda que sexa para cousas de ocio, na escola siguese cun modelo anticuado en moitos sitios. Para cando evolucionamos?

Posted by vanem at 22:40:37 | Permalink | No Comments »