A WEBQUEST
Non sei a vós pero a min esto da webquest paréceme moi complicado de facer. Hai moitas webquests por aí adiante, en internet hai as que queiramos, pero que estean ben feitas eso xa é outro tema. Algunhas non teñen tódolos apartados que ten que ter, outras non están ben estructuras, outras non están ben planteadas, etc etc. No meu grupo o que nos resultou máis complicado é póñer unha task final, ten que ser un problema a resolver, unha task para a que teñen que facer outros pasos previos. Aínda que xa o temos decidido, non nos convence moito, polo menos a min. Pero é que, ¿que lle vas poñer? Creo que mandarlles facer unha presentación en power point e logo facer un debate para dar as súas opinións sobre o que pensan dos animais en peligro de extinción está bastante ben ¿non? Teñen información en inglés e páxinas que teñen que buscar tamén en inglés. A ver que nos di a profesora, esperemos que estea dacordo e que lle guste. A ver si convence.

¿E o do portafolio? Eso sí que tamén me dá moito medo, é algo moi serio porque é onde vai recaer casi todo o peso da nota da asignatura. A ver que se me ocurre para facer, como, que incluírlle, etc. Creo que é unha boa maneira de reflexionar sobre o que fixemos na asignatura, que axudará a seleccionar información que consideramos importante e cal non. Pero o problema é buscar as imaxes idóneas, que texto escribir, intentar conectar todo entre sí (porqu se supón que é todo un bloque, non cousas separadas). Son demasiadas cousas!!