Sunday, January 14, 2007

Política dominical

Levo dous días diante do ordenador, dous días sen saír da casa e cunha pinta que para que contarvos. Roupa de guerra lle poderíamos chamar (bata, pixama e zapatillas) e cun serio problema de espalda. Pero bueno supoño que na miña situación debe de estar a maior parte dos que estamos no curso. Agora mesmo, aparte dos traballos o que me preocupa é o tema da webquest. Polo que levo mirando, as referencias que teño son sobre todo para secundaria e no meu grupo aínda estamos a voltas co tema. Ademais o programa Frontpage, que de momento no se pode dicir que sexa unha experta. Dos traballos que levamo feitos, pareceme que vai  a ser o mái duro. A ver que din os outros do grupo mañan e aver si no inicio de semana sacamos algo en limpo.

Pero bueno hoxe na miña casa, foi un tema de conversación política, o que me ven perfectamente para poñer esta foto

Hoxe era o día  das famosa guerras de cifras sobre os asistentes as distintas manifestacións. Miña nai dicía, que polo que ela vira na tele , debían de ser medio millón de persoas. Os demais diciamos que facer un calculo exacto era pouco menos que imposible. Deixando de lado estas cifras, chama a atención o rápido que se implantou o dos sms (incluso hai xente que di que xa provocaron cambios de goberno). A mensaxe é boísima, como tamén é boísimo o video que se puxo de moda no meu pobo en contra do alcalde, o nacionalista Evencio Ferrero, que aparecía nun blog e que podedes ver en : http://carballodixital.blogspot.com/2006/12/bruce-lee-aconseja-evencio.html

Vemos como as novas tecnoloxías escapan ao control dos partidos políticos, polo menos polo de agora. Por certo, non pertenzo a ningún partido político.

 

 

 

Posted by vanem at 20:02:16 | Permalink | Comments (1) »