Saturday, January 13, 2007

O ordenador máis pequeno do mundo

Vou coa última do CES, que xa levo unhas cantas entradas feitas desta feira, que como vedes cada día que pasa me mostra algo diferente. E cando vexo o invento da foto, o ordenador máis pequeno do mundo, penso no meu pai que nas navidades mercou un ordenador portátil por uns poucos cartos menos, pero cun peso de dous kilos e medio. A miña dúbida e agora saber cantos destes novos inventos non van a chegar a ningures. Eu cun “trasto” tan pequno, seguro que o perdería. Aí van as características deste “cacharro”:

A empresa OQO  presentou o su “ordenador máis pequeno do mundo”.Trátase dun completo ordenador personal cun Windows XP, que pesa uns 400 gramos e custa 1.849 dólares

Posted by vanem in 15:02:22 | Permalink | No Comments »

Un par de novas sorprendentes

Xa levo un par de días sin andar por estos lares e teño que dicir que non era por ganas, senón máis ben por falta de tempo. E non é porque non teña o ordenador disponible. Onte estiven dende as nove e media da mañán ata as once e media da noite pegado a el, pasando a limpo os traballos e parando tan so unha hora para comer e outra para cear. Un auténtico “tute” que me deixou a espalda un pouco fastidiada e iso que a silla é cómoda.

Deixando a un lado a miña vida, que supoño que non lle interesara a ninguén, creo que hai un par de noticias que merecen ser resaltadas. Acabou a feira de electrónica de Las Vegas e dentro dos múltiples inventos (lembremos que había máis de dous mil expositores) chamoume a atención o que aparece nesta foto onde estas dúas mozas (por que sempre nos escollen para todo o que teña que ver co sexo?) amosan o que se da en coñecer como preservativo para o móbil, para impedir que lle entre a auga. Seguro que terá éxito.

A outra noticia é a do caderno de bitácora de María Amelia, a vella máis popular de España. Onte chegou as 50.000 visitas do seu blog. Tendo en conta que os seu neto Daniel llo regalou o 23 de decembro, botade contas, en vinte días, 50.000 entradas, danos unha media de 2.500 entradas por día que non está nada pero que nada mal. Xa me gustaría a min ter tal demanda de visitas neste meu blog.

Por último un aviso a navegantes; un tribunal francés ven de multar a un internauta galo pola descarga de películas de internet. Non terá que ir a cadea pero ollo para todos aqueles que andan no submundo das descargas e copias variadas. Pensandoó ben, tamén e mala sorte para o pobre tipo ese. Coa de milleiros de persoas que fan iso todolos días e vaille a tocar a él.

Posted by vanem in 09:11:27 | Permalink | No Comments »