Maís novedades tecnolóxicas

Fago un descanso, que lle podearíamos chamar activo, porque engado unha entrada ao meu diario, para falar doutros dos inventos que hai estes días e que incluso a miña nai, moi reñida coas novas tecnoloxías me comentou hoxe a hora de xantar. Preguntoume si sabía algo sobre o novo teléfono móvil, que temos na fotografía. Cando me preguntou eso, dinme conta de que as novas tecnoloxías van moito máis rápido do que me parecía a min. E non é que a miña nai sexa unha vella, pero non é un dos seus temas máis recurrentes nunha conversación. Pois aí temos a Steve Jobs, conselleiro delegado de Apple, presentando o famoso “iPhone”, pero non en Las Vegas, non, non. Resulta que o presentou durante o MacWorld que se celebra en San Francisco. Co cal e para “flipar” porque nos Estados Unidos agora mesmo coinciden dous eventos da magnitude que estamos apuntando esta semana. E que ten este teléfono que non teñan os outros?. Bueno pois a grandes rasgos, combina as prestacións (parece que estou falando dun coche) dun teléfono móvil coas dun iPod. Poderemos chamar por móvil, a vez que vemos o e-mail ou escoitamos música. A de dios.
