Monday, January 8, 2007

Arranca a CES en Las Vegas

Primeiro día de clase e sigo viva. Onte foi un día a mar de raro, entre o mal tempo que facía (vento, auga e frío) e o saber que hoxe pola mañan tiña que levantarme cedo para ir para Santiago, podemos dicir que foi un domingo atípico. Pero superado o primeiro día, supoño que agora, pouco a pouco iremos collendo o ritmo das clases.

Pero para ritmo o que ten que haber estos días na cidade do xogo, en Las Vegas, onde denden hoxe e ata o xoves, máis de duas mil empresas tecnolóxica van a mostrar os principais avances do sector nesa cidade creada no medio do deserto e que incluso algún asociará a serie de CSI. Comeza o CES (Consumer Electronic Show) Que poderemos ver? Pois ver o famoso   Windows Vista, o novo sistema operativo de Microsoft que sae á venta para o mercado doméstico o 30 de xaneiro

 

 ou ver a IBM, ausente os último dez anos, por non dicir a guerra polos novos formatos de DVD.  Haberá representación galega coa compostelana Blue Sens.

Deixando a un lado as novas tecnoloxías, se queredes rir un pouco podedes ver o blog dun amigo do meu mozo, que fixo unha viaxe a esa cidade, recreando en plan light a película “Miedo y asco en Las Vegas”. Xa me contaredes…

www.miedoyascoenlasvegas.blogspot.com

e vede este vide  promocional 

http://www.youtube.com/watch?v=tAOpyAM9vaU

 

Posted by vanem at 20:03:55 | Permalink | No Comments »