Sunday, January 7, 2007

Acabouse o Nadal

Mañán comezamos as clases; casi un mes de “lecer”, no que tan so nos tivemos que poñer a facer traballos, mirar o foro, actualizar o blog e maís cousas que non vou a citar aquí para non facer este último día de vacacións máis triste. Mentras estou no ordenador, escoito como a miña nai e o meu irmán estan a recoller todolos adornos navideños que puxemos para estas festas, outro signo inequívoco de que o nadal se foi. Pero antes de que se vaia aínda se poden comentar un par de cousas que relamente fan dudar acerca da capacidade de raciocinio que ten a especie humana. E vamos por partes; onte vía na televisión, como na Coruña a xente facía colas de mais de dúas horas para comprar o roscón. Stop, na miña terra sempre se lle chamou pan de ovo, que non nos queiran impoñer novos nomes. Non daba crédito ao que vían os meus ollos.¡¡¡¡Colas para mercar pan de ovo!!!! E a xente saia feliz na tele, despois de estar dúas horas dun día festivo para mercar un anaco de pan de ovo (sintoó pero non vou a dicir o de roscón). Terían que saír cos ollos tapados e en vez de poñerlles os seus nomes que puxeran as iniciais. Seguro que os poñen nos programas de zappin doutros países para partirse de risa co que fan estes españois, como cando nos vemos os videos dos xaponeneses caendo de todalas formas posibles. Despois dos atracóns e das comilonas destas festas…. Pero para nota o de hoxe; despois dun nadal no que cada un gastou maís do debido, hoxe tamén colas para mercar nas rebaixas. Menos mal, que neste sentido os galegos estamos a cola nas compras de xaneiro (somos a comunidade que menos gasta nestas rebaixas).  O que non sei e si porque non temos cartos ou porque somos maís listos.

Bueno, agora ao que nos toca as novas tecnoloxías e a súa incidencia no mundo actual. Chegoume un email ao meu correo anunciandome una xornada de todo esto dos foros, blogs e demais para este sábado en Santiago de Compostela. Poño o que me mandan:

 O vindeiro día 13 de xaneiro celebraranse en Santiago de Compostela
(no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche, Frei Rosendo
Salvado 14-16) unhas xornadas sobre Bitácoras, Blogs e Fotologs.
Sendo o programa o que segue:

. Mañá:
10.30 h. María Yáñez. Que é unha bitácora. Reflexión sobre o fenómeno da
extensións
dos bitacoras e outras canles de expresión por internet.
11.15 h. Raquel Gamallo e Manuel L. Pan . Ferramentas e recursos en galego
para crear
blogs. www.blogoteca.com
12.30 h. Alberto Yáñez . Internet como unha comunidade participativa e de
troco de
noticias. www.chuza.org
13.15 h. Carlos Neira. Un perfil das bitácoras galegas.

. Tarde:
16.30 h. Amador Loureiro. Blogs e fotologs como canle de expresión:
literaria, musical,
artística e de análise social e político.
17.15 h . Modesto del Río. Os podcasts.
18 h. Bitácoras e música:
Noel Feáns. A regueifa. Martín Wu. The Homens.
18.30 h. Língua e Literatura.
Nel Vidal e Suso de Toro.
19.30 h. Bitácoras de Cine.
Martín Pawley.
20.15. Clausura da xornada

Bueno, diexovos; vou a cear; por certo,  leite e pan de ovo feito de xeito artesanal, a forno de leña, unha peza que me costou catro euros, e que me dura toda a semana, sen volverse dura coma outras e co mesmo sabor.

 

 

Posted by vanem at 19:47:53 | Permalink | No Comments »