Saturday, January 6, 2007

En Francia pensan coa cabeza

No país veciño,non Portugal, senón o que está ao outro lado dos Pirineos, os políticos dos grandes partidos, andan coa “mosca detras da orella” por culpa do fenómeno da rede. Xa dixen noutra entrada, que internet é un medio cun potencial que moita xenta aínda non sabe onde vai a acabar. A época da web 2.0 de momento non ten fin. En principio, ninguén pode poñerlle límites e fronteiras, agás a ex de Ronaldo, a modelo Daniela Cicccarelli, que anda a pleitos con Google por culpa dun vídeo que saia en Youtube co seu mozo nunha praia de Cádiz e cun xuiz brasileño sacou da rede (aínda que non tardou en ser colgado por algún dos numerosos fans da modelo carioca). Mundo rosa a unha beira, en Francia andan mosqueados por dúas cousas, nas cales os políticos apenas se poden facer nada, non poden controlar ese movemento. Todos lembramos xa fai uns cantos meses os disturbios que se produciron alí, coa queima de miles e miles de coches nos suburbios de grandes cidades. Como suele pasar, acabado o día, acabada a romaría. Os medios olvidanse do tema e que lles den; pero non para todos, un periodista suizo, Alain Rebetez, coa axuda dunha revista do seu país ,a escola de Ciencias Políticas da capital gala e Yahoo Francia, decide crear un blog nos que os que escriben son os adolescentes deses barrios marxinais. Ao principio non tivo demasiado éxito pero agora mesmo  recibe maís de 200.000 visitas mensuais e a maioría das “redactoras” son mulleres. Contan o que pasa, de primeira man, e sin importarlles a política, co cal os que se adican a esa profesión teñen máis difícil dicir mentiras. Podese consultar en http://yahoo.bondyblog.fr.

Tamén en Francia, aparece esta outra historia a dos chamados Hijos de Don Quijote, movemento que está levantando sarpullidos entre a clase política “franchute”, e que tamén se sirve de internet para mostrar a cara dos sin teito e dunha maioría de poboación francesa que non pode acceder a unha vivenda digna ( menos mal que en España todos podemos tela de manera fácil). Montaron un campamento de tendas de campaña (a marca Quechua é a que hai en Dechatlon) na que mostran a precariedade dun segmento da poboación e tendo en conta que as eleccións son este ano, aos políticos, digamos que non lle fai moita gracia.  Podedes visitar a sua web en http://www.lesenfantsdedonquichotte.com/v2/index.php

E mentras en Galicia, que pasa en Galicia? Pois aquí coma non hai problemas de paro, os edificios cada vez son maís bonitos (ver a milla de ouro de Fisterra, Anchoa mile),todos temos un piso e un bo soldo, pois van os do BNG e queixanse de que as Barbies de toda a vida non falan galego. Toma!!! Pero non so iso, tamén propoñen “nacionalizar os nomes e os apelidos. Pregunta, que fago co meu nome, Vanessa, teño que cambialo? Eudivixes existe en galego? Deixo a viñeta de Forges para rir algo, que para chorar xa está a vida.

Posted by vanem at 17:11:44 | Permalink | No Comments »