Clases en mp-3
Que dicía eu? Poñía o outro día, creo que a víspera de fin de ano, a caso do blog dunha anciana de 95 anos que a pouco que a xente se interesase ía a convertirse nun fenómeno mediático. Polo de agora vai camiño das trinta mil visitas nun blog creado fai dez días e que polo que eu saiba xa falou cos de Gomaespuma, TVE, Tele5, Radio Galega e Televisión de Galicia, Repito, que eu saiba.
A señora, nacida en Muxía, viviu moitos anos en Carballo, onde criou aos seus dous netos, os cales agora xestionan un dos mellores portais de viaxes da rede, que está en www.aviajes.com, co cal o mundo da rede non é nada raro para eles ( de feito o que creou o blog e licenciado en Telecomunicacións pola Universidade de la La Laguna de Tenerife). Volvo a recomendar a visita desd blog, que a ese ritmo vaise a convertir no máis visitado da nosa comunidade.

Aquí temos outro exemplo dun bo uso das novas tecnoloxías no ámbito educativo. Na Universidade de Vigo podense ter os apuntes dalgunhas asignaturas (4, concretamente) en formato mp3 para poder escoitar e preparar mellor os exames. O profesor Goyanes, o da foto, di que non servirán como sustitutivos das clases, senón como complemento. Un paso máis cara o achegamento entre o mundo real e o educativo. Lendo esto, penso, os avances que se producen neste ámbito e o escasamente usados nalgúns centros. E como dicían en “1,2,3″, ata aquí podo ler, non vaia a ser que se me escape algunha frase de máis.
