Monday, January 1, 2007

Comezamos o ano 2007 cun exemplo a seguir

Día longo ou curto, según como o vexamos. Para os que andivemos de festa toda a noite o día foi moi, pero que moi longo, case 24 horas sen durmir e de festa, que chegas a casa cos pes desfeitos. Moitos saúdos, moitos abrazos e moitos bicos; algúns reencontros agradables e outros saudos que era mellor non facer, pero así é a vida.

Xa de pleno no 2007, temos un exemplo na Costa de Morte, espectacular. Unha señora de 95 anos chamada María Amelia que ten un blog. Nacida en Muxía,  de momento apareciu en poucos medios de comunicación, pero coas entradas que xa leva nos poucos días que leva na rede, xa veredes como a vamos a ver ata nas televisións. Si lle queredes botar un ollo, aí vos deixo a dirección (ollo as fotos da señora, sobre todo na que se pon a facer o caldo):

http://amis95.blogspot.com/

Posted by vanem at 20:18:42 | Permalink | No Comments »