Wednesday, January 31, 2007

Contra a libertade de expresión

Sae hoxe no xornal, o caso de dous blogs da provincia de Pontevedra que foron denunciados polo dirixentes do PP, segundo estos, por mor dunhas montaxes, na que todo hai que dicilo, non saen moi ben parados, pero que non deixa de ser unha situación cómica, polo menos dende a miña modesta opinión. Esta foto correspondese ao www.camba2.blogspot.com, onde aparecen unha serie de fotomontaxes onde os populares da vila da festa do albariño saen desta guisa. a min non me parecen ofensivas as fotos e do pouco que lin, pois tampouco vexo nada grave e falo dende a distancia e sin saber moito da vida política municipal dese pobo.

 

O outro blog e ogrobe.blogspot.com, da localidade do Grove, onde por certo, non ten nada que ver co tema, estiven fai uns anos de veraneo e é un sitio moi recomendable e no polo marisco. Aquí, tres cuartos do mesmo, denuncia polas manifestacións vertidas.

A pregunta pode ser, cal é o resultado de todo este lío? Pois qu estes dous blogs multiplicaron as súas visitas durante estes días, case dúas mil en ámbolos dous casos.

Esta claro que o noso gremio non anda moi familiarizado coas TIC´s, pero compredemos o seu funcionamento; aos políticos, aínda lle quedan dous pasos maís que a nos para darse conta da forza da rede, o cal sempre da certa satisfación, aínda ca este pode ser o defecto menos grave da clase política.

Informándome no meu pobo dinme conta de que moitos xovenes teñen blogs de caracter político e neles poñen a parir aos seus rivais, sobre todo con humor, pero dó ámbito local non sae o tema. O que non se pode é ter controlado todo, que é o que queren algúns, e estes espacios dannos a liberdade de expresarnos como no pete, lle guste a quen lle guste.E esto é so  o principio

Posted by vanem at 17:14:42 | Permalink | Comments (1) »

Tuesday, January 30, 2007

A Estrada, un concello pioneiro

Mentras vemos todolos días grandes ofertas para realizar a conexión a internet, grandes empresas que ao final veñen a ser todas bastante parecidas. Na nosa zona agora estase implantando no casco urbano a compañía R, que xa goza de bastante popularidade na cidade herculina. O problema e que na zona rural, nada de nada. Nos, na nosa casa estamos con Telefónica, que de momento non nos deu ningún problema, si ben é certo que so levamos dous meses con esta compañía.

Todo esto digoo, pola noticia que vos poño a continuación, extraída da páxina web do concello de A Estrada. Resulta que neste concello pontevedrés todolos seus habitantes poderán estar conectados a internet a través dunha rede sin fíos, vivas no centro do concello ou nunha das súas múltiples aldeas. O precio? Pois dez euros ao mes e ata xullo gratis. Que vos parece?

Comeza o proceso de altas para a rede wifi de “aestradadixital” sen fíos

A conexión, con 1 mega de capacidade e que chegará a todos os rincóns do municipio, será gratuita ata o vindeiro 1 de xullo, e logo custará 10 euros ao mes.


 

        O programa ‘aestradadixital’ presentou o seu proxecto estrela: a rede wifi que dará acceso a Internet de banda ampla a todo o territorio. Trátase dun proxecto pioneiro, polas súas características e complexidade técnica. Abarca todo o municipio, con 52 parroquias,
282 kilómetros cadrados de extensión e 473 núcleos de poboación rural.

        Dende o pasado martes, día 30 de xaneiro, os usuarios que desexen conectarse a ‘aestradadixital sen fíos’ deben pasar polas oficinas do programa (no segundo andar do edificio de usos múltiples). Alí, ademais de cumprimentar un formulario deben aportar fotocopia do DNI e de documento que acredite a titularidade dunha conta bancaria. Con esta solicitude feita, nun prazo máximo de 20 días, pasará polo seu domicilio ou empresa un técnico de ‘aestradadixital’ que lle levará o chamado kit de usuario (formado por antena e router) e dará as explicacións  técnicas oportunas . No caso de que o usuario desexe incorporar algunha funcionalidae a maiores ou o kit de usuario precise dunha instalación poderá facelo el mesmo, seguindo as indicacións  de ‘aestradadixital’, ou ben contratando pola súa conta o servizo dun instalador homologado. Os kit, con routers similares aos de Google nos desplegues que fai en Estados Unidos, tampouco teñen custes (facilítanse aos usuarios en calidade de cesión).

        A rede, cunha capacidade de 1 mega simétrico (1 de subida e 1 de baixada), está preparada para incorporar máis servizos nun futuro. A conexión será gratuita ata o 1 de xullo. A partires desta data, a tarifa única será de 10 euros ao mes.

        O concelleiro responsable de ‘aestradadixital’, Xosé Manuel Reboredo, abríu a presentación lembrando que se trata dunha experiencia única en Galicia, España e mesmo en Europa, onde hai contados casos destas características en países como Finlandia ou Irlanda. “Somos conscientes de que houbo retrasos, e pensamos que deben entenderse na medida en que éste é un proxecto de carácter experimental”, dixo. Reboredo, tamén incidiu en que a rede, “a columna vertebral” de ‘aestradadixital’ e o gran paso para romper a chamada fenda dixital.

        No acto de presentación tamén participaron o director de ‘aestradadixital’, Carlos Andújar, e Santiago Cárdenas,  director da zona noroeste de Tecnocom (a empresa que adxudicataria do despregue), que destacou o carácter innovador da rede estradense, cunha tecnoloxía complexa e superando os retos adicionais da orografía neste municipio rural. Sumáronse ás noraboas,  o representante da Fundación Caixa Galicia, Xosé Victorio Nogueira, a directora do proxecto Ciudades Dixitais de Galicia, Felicitas Rodríguez, e tamén o responsable deste programa no Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Fernando Herrero, quen se referiu ao proxecto coma o “pistoletazo de salida” dun traballo que debe continuar.

        Trala presentación houbo un percorrido por emprazamentos do rural para facer unha demostración do funcionamento da rede.

Posted by vanem at 23:08:25 | Permalink | No Comments »

Monday, January 29, 2007

A favor ou en contra do dominio .gal

 

Como ben sabemos todos, todalas páxinas web teñen una dirección, que remata co famoso punto algo, onde as máis comúns son as .com ou .org, que son as máis internacionais. Tras estas estarían as que fan referecnia ao país de onde sae a páxina, onde no noso caso, temos que destcar as .es, que son a meirande parte. Algún estará dicindo a onde quere chegar esta introducción, pois a isto, que sae hoxe nun xornal:

Por un barrio galego en Internet

A campaña de PuntoGal

A iniciativa por un dominio propio para a lingua e a cultura de Galicia busca obter un amplo apoio social para avalar a proposta ante a entidade que xestiona a súa concesión

Doce entidades constituíron en xuño do ano pasado a Asociación PuntoGal para promover a creación dun dominio propio en Internet que agrupase os espazos relacionados coa lingua e a cultura galegas. Dende entón, xa se engadiron os apoios doutros colectivos e firmas, ademais de numerosas sinaturas, a título individual, a prol deste barrio galego na Rede.

Presidida polo secretario da Real Academia Galega, Manuel González, a asociación é a encargada de avalar ante a Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN), o organismo encargado de autorizar os dominios de Internet. Trátase dun proceso «longo e complexo», como afirman dende PuntoGal, e que canto máis apoio social acade, máis posibilidades ten de conseguir a meta marcada. Por este motivo, a concienciación social sobre a necesidade de que Galicia dispoña dun dominio propio é un dos obxectivos principais da asociación.

«Dentro de dous meses hai unha reunión da ICANN en Portugal -explica Manuel González- e queríamos facer acto de presenza alí para ir creando un certo ambiente, para darnos a coñecer e para establecer contactos con membros que poidan influír un pouco na decisión final». O presidente de PuntoGal lembra tamén que tiveron que formar unha asociación porque a petición para contar con este dominio .gal ten que presentala unha entidade privada, «non vale que o faga unha institución pública».

En canto ao proceso oficial para acadar este dominio, apunta González que é necesario presentar unha serie de informes, «uns de carácter técnico e outro digamos máis filosófico-cultural». «Estamos traballando neses informes e contactamos xa cunha empresa que é a que nos guiará na parte técnica da proposta e o apartado máis cultural e filosófico ímolo elaborar nós mesmos», di González.

Espello

O PuntoGal ten un espello no que mirarse: a experiencia catalá. A finais do ano pasado estrouse o primeiro dominio .cat, que agrupa a webs que teñen no catalán o seu idioma vehicular principal e tratan da cultura do país. De feito, Manuel González explica que están en contacto coas persoas que promoveron este dominio «e están aconsellándonos pola boa vía». Sobre o feito de que PuntoGal non ten o problema de .cat sobre o significado en inglés, González apunta: «Ese era un problemiña pequeno, pero nós temos outros problemas, que non é prudente adiantar agora, pero que son bastante máis importantes».

En canto a posibles plazos para a posta en marcha deste dominio, explica que a ICANN ten que poñer en marcha un período de candidaturas que aínda non se abriu «e probablemente tomará a decisión sobre as datas nesta reunión que se celebrará en Portugal», segundo indica Manuel González.

Ben, agora o que me gustaría saber, si alguen le este caderno de bitácora, saber si estades a fvor ou en contra do dominio galego. Eu opinarei despois.

Posted by vanem at 13:45:54 | Permalink | No Comments »

Sunday, January 28, 2007

Outra vez Bill Gates

Como xa saberá todo o mundo, o martes faise a presentación do novo sistema operativo de Windows, o famoso Vista, que coma sempre conta cunha multitude de partidarios e detractores. Dende fai uns cantos meses ambos grupos levan dicindo as vantaxes e os inconvenientes deste novo producto. Nos, coma clientes potenciais, teremos que esperar un pouco para ver si merece a pena ou si tamén non lle vemos nada positivo.

Onte día de frío, moito frío, no que estiven repasando para o examen desta semana. Despois de tres semanas facendo traballos coma unha cosaca, agora toca poñer os codos. Prestaba quedar na casa porque a tarde non invitaba á heroicidade de saír a rúa. O venres andiven de investigadora para saber si no centro no que fixera as prácticas había moito uso de blogs e leveime una sorpresa; por exemplo, ademais dun profesor, son moitos os alumnos que teñen a seu partícular caderno de bitácora, sobre todo os de 3º e 4º da ESO. Falando co profesor, díxome que el ten un para poñer as noticias relacionadas co baloncesto e que os alumnos consultan esas noticias. Respecto o dos alumnos, dixo que o dos blogs estaba causando furor e que os usaban no sentido de colgar as fotos deles e que tiñan un notable éxito. Tamén me comentou que para moitos era unha boa experiencia  que lles gustaba moito, tanto facelo como consultalo.

Como case sempre, os alumnos van por diante dos profesores…

Posted by vanem at 14:59:28 | Permalink | No Comments »

Saturday, January 27, 2007

A ÚLTIMA CLASE DE NNTT

Para acabar o día, fago un comentario sobre a última clase da asignatura de Novas Tecnoloxías que foi onte (xoves). Teño que dicir que me encontrei a gusto cando vin que era capaz de subir a primeira páxina de proba do portafolio. Pensei que sería máis difícil pero coa explicación e algo de axuda conseguino. Un síntese mellor cando as cousas saen ben, sobre todo cando te tes que pelear co ordenador, cun programa determinado, etc. A cuestión é que me parece que hai que ter moito cuidado con certos detalles para que a páxina se vexa ou para que non haxa fallos, como por exemplo o feito de poñer “index” porque si tes un despiste e lle chamas “index1″ xa non vale. Parecen tonterías pero como diciamos onte en clase, si non os tes en conta, despois será o doble de traballo porque tes que correxir, saber donde está o error, volver a facer as cousas, o sea, mellor fixarse no que hai que facer e como para non lamentarse máis tarde.

Tamén quería dicir que me gustaría haber visto na clase máis exemplos de portafolios de outros anos ou de outras asignaturas. Non se trata de copiar nin nada diso, senón de recibir ideas, imaxes que nos podían suxerir moitas cousas, sempre axuda ver modelos que poden dar pistas porque unha imaxe ou un formato ou modelo determinado ou calquera detalle por moi pequeno que pareza, sempre pode darnos boas ideas. E creo que vimos moi poucos modelos. A profesora insistiunos moito co portafolio, nas reflexións que ten que incluir, a continuidade que debe mostrar, a conexión entre as distintas partes, etc. Creo que entendo todo eso que nos explicou, ahora a cuestión será levalo á práctica e saber reflexalo no portafolio dixital. Estou pensando en ideas distintas pero aínda non o teño moi claro. Paréceme bastante complicado. A ver que sae.

Chao a todos.

 

Posted by vanem at 00:03:05 | Permalink | Comments (1) »

Friday, January 26, 2007

Que pensades das opinións deste profesor?

Onte estivo en Ferrol, Jordi Adell (na foto), profesor da Universidade Jaume I de Castellón. Aquí dexio a entrevista que aparece en La Voz de Galicia e que toca de cheo na historia na que andamos metidos nesta asignatura. Non sei o que opinaredes cando rematedes de ler esta noticia, pero eu coincido en todolos puntos que toca este profesor, no anacronismo no que está o actual modo de ensinaza, na que os alumnos aburrense nas aulas. Lede e si queredes, opinade

El profesor Jordi Adell, que ayer visitó Galicia invitado por el Centro de Formación e Recursos do Profesoradode Ferrol, asegura que «entre los alumnos y la escuela cada vez hay un desacoplamiento mayor». Autor de títulos como Redes y educación , sostiene que las tecnologías cambian «más rápidamente que las ideas y las personas». Y afirma que «cuando los niños no hablan de nuevas tecnologías, porque la sociedad de la información para ellos es una realidad, y no algo nuevo, los métodos didácticos hay que cambiarlos ya».

-Cambiarlos… ¿cómo?

-Hay que adecuarlos al ritmo al que los alumnos viven. Ciertamente, el maestro no es un videojuego, pero es imprescindible adaptar la escuela a lo que la sociedad del conocimiento requiere. El trabajo escolar tiene que ser más estimulante. Ya no llega con enseñar a leer, a escribir, a contar… A día de hoy, el de los niños es fundamentalmente un mundo audiovisual ¿No habría que enseñar también, por ejemplo, a producir vídeos?

-Y a segregar la información de lo que no lo es, ¿no?

-Sí, por supuesto. Pero mire, para eso, lo primero que hay que hacer es acabar con los programas televisivos del corazón en horario infantil. Porque la televisión esconde sus trucos, no muestra su gramática, oculta sus cartas. Y eso habría que regularlo, poner un marco. Porque en Internet sí tenemos filtros para los contenidos, existen recursos para evitar que los niños accedan a determinadas cosas. ¡Mientras en la tele, en cambio…! Por eso digo que los niños no deben tener nunca el ordenador en su cuarto, pero tampoco el televisor.

-Usted dice: «La mayor parte de las experiencias de los mayores a los niños ya no les sirven». ¿Cuál es hoy el mayor reto educativo?

-Formar a los alumnos para seguir aprendiendo siempre. Y para ser ciudadanos críticos. Prepararlos para un futuro que no sabemos cómo será. Eso ya es más importante que los contenidos. Pero para lograrlo, la escuela tiene que empezar a hablar el lenguaje de los niños.

Posted by vanem at 14:17:12 | Permalink | No Comments »

Unha idea solidaria relacionada coas novas tecnoloxías

Durante as navidades o meu pai mercou un ordenador portátil que lle valeu máis de mil euros (agora xa vale douscentos menos, cousas da fluctuación dos mercados). Durante as vacacións lin en numerosos sitios a noticia do ordenador portátil dos cen euros, pero sinceramente, co ocupada que estaba, non lle puiden prestar moita atención. Pero no xornal de onte, na eidición de “Ciberpais” aparecía un artigo no que se explicaba ese método e pareime a lelo para saber exactamente de que iba.
O novo ordenador, destinado nun primeiro momento para o seu uso nos países menos desenvolvidos, parte da idea de mellorar a educación no mundo a través deste aparato, chamado XO, onde a nova tecnoloxía xoga un papel fundamental. Esta iniciativa enmárcase nun proxecto chamado OLPOC (One Laptop per Child). Nun principio, o seu uso vai a ser para unha serie de países que reúnen as condicións que citaba ao principio. Destacamos a Ruanda, Brasil ou Tailandia. A idea do seu creador, Michail Bletsas (na foto) e conseguir afianzar o seu proxecto nestes países e despois “exportar” a idea cara os países máis desenvolvidos.Está claro que no trasfondo da noticia hai unha importante razón comercial, pero polo menos é una forma de achegar a nova tecnoloxía cara os países con menos recursos.

 

Posted by vanem at 12:10:40 | Permalink | No Comments »

Wednesday, January 24, 2007

Por segunda vez falamos de Second Life

Tómome un respiro no axtreado día, que xa non comenzou ben pola mañán. Por primeira vez dende o inicio do curso, quedei durmida e chegeui un pouco tarde a primeira clase do día. Ademais vaia mañán para coller o coche; entre o que chovía, a pouca claridade e as placas de xeo que había na carretera como para apurar…

Levo un anaco en internet baixando fotos de animais en perigo de extinción para acabar mañan coa webquest. A ver como nos queda porque traballo estanos dando un pouco. Volvo a dicir que o programa, pese a ser sinxelo estame resultando bastante complicado.

Xa escribín noutra entrada sobre o xogo virtual de Second Life, onde hai millóns de persoas enganchadas a esa diversión. Podeste crear unha identidade propia e desenvolver o tipo de vida que queres ou podes facer, que non é o mesmo. A foto e do Centro Galego, o primeiro que se crea no mundo virtual, porque si chegamos a Lúa con Zapato Veloz, como non íamos a chegar a ter un centro no mundo virtual?. Creouno un periodista de La Voz de Galicia, Nacho Mirás, o que escribe sobre as noticias máis sorprendentes. No verán, para que vos fagades unha idea percorriu Galicia na mítica vespa que aparece nese debuxo, de festa en festa e de romaría en romaría. Agora pregunto, este xogo podería ter validez, adaptado, a escola? Que conteste o que queira que eu vou a seguir estudiando

Posted by vanem at 19:34:26 | Permalink | No Comments »

Tuesday, January 23, 2007

Achégase o final

Xa rematei todolos traballos que implican escritura;quédame por repasar un e punto e final. Levo, sin esaxerar dende antes das navidades sen case respirar. Entre lecturas, facer a sucio, consultar en internet e pasar a limpo, un mes do meu tempo adicado a estes traballos. Valerá a pena?

Agora vou coa webquest; a miña compañeira xa me mandou un primeiro borrador e supoño que para o fin de semán xa a teremos feita, co cal so me quedara…estudiar para os exames de febreiro, co cal outro tute máis.  Respecto da webquest, para min foi o traballo máis complicado dos que levamos feito. o programa, que non é dos maís difíciles para publicar páxinas web, non me resultou doado.O problema das webquests, que por cero hai a tira en internet, sería que os alumnos as poideran facer. Por exemplo, no centro onde eu fixen as prácticas non hai conexión a rede, co cal o da webquest sería difícil, por non dicir imposible. Pero bueno, menos mal que me queda o meu blog, no que xa levo unhas cantas horas invertidas, uns cantos artigos e unhas cantas fotos insertadas. Ata mañán

Posted by vanem at 22:17:43 | Permalink | No Comments »

Monday, January 22, 2007

A Igrexa modernízase

Como son estos cregos!!!. O outro día saía a noticia na cal nun curso de alfabetización dixital que se está dando en Cerceda, tres dos seus alumnos pertencen ao gremio dos relixiosos. Os tres, como vemos na foto,  xa teñen os seus aniños. Chamame a atención isto, porque non fai moito tempo, nunha parroquia deste concello, concretamente en A Silva, tiven que ir a un funeral, onde un destes sacerdotes, antes de comezar a misa soltou unha parrafada en latín, que quedei alucinada. Pero o conto non é ese. Chama a atención que estes curas se mostren interesados no uso do ordenador e en internet (polo que dicían na entrevista, o que peor levaban era manexar o ratón). Para xestionar as parroquias, para ter información (a que non lle da Deus directamente) e poder comunicarse con outra xente serán os seus obxectivos.

E un pensa, que si o fan eles, por que non o fan os profesores ou mestres? O venres, falando cun profesor de informática que da clases de adultos, diciame que dentro dos profesores hai moitos que non teñen nin idea do uso dun ordenador e internet. Supoño que serán gañas e tempo para poñerse, pero isto debería de servir coma exemplo, sobre todo para o noso gremio, que o necesita. Sin pecado concebida

Posted by vanem at 19:11:35 | Permalink | No Comments »