Thursday, December 28, 2006

O último do último

Pois resulta que a FIPV (Federación Internacional de Pelota Vasca) ven de presentar unha demanda contra a compañía Nintendo porque, segundo os responsables dese ente federativo, a consola deste Nadal, a famosa Wii, plaxia a este deporte tan vasco. Para os federativos desta comunidade, a consola Wii pode facer que este deporte se resinta en canto a practicantes ao mesmo tempo que faga baixar a asistencia aos frontóns, auténticos lugares de culto e de tertulia para unha boa parte da poboación vasca. De momento non temos noticias de Nintendo, pero os rumores din que os programadores están facendo o posible para sacar antes de Reis un xogo moi parecido oa da pelota vasca. Veremos a ver que pasa.

Posted by vanem at 14:01:28
Comments

Leave a Reply