Acabo as prácticas
FELICES FESTAS A TODOS.

Estou no único ordenador do colexio con conexión a internet; é o meu último día de prácticas e o ambiente é de festa. Pola mañán van a dar as notas e dentro de un pouco van a vir os Reis Magos. Como xa dixen antes, ambiente de ledicia e caras alegres entre os nenos. Onte pasei todo o día revisando documentos e tomando notas para facer a memoria final. Cando chegei a casa e me puxen co ordenador, entre o pouco que fixen no blog e a cantidade de e-mails que tiven que ler e que mandar casi me acosto a unha da mañán.