Monday, December 18, 2006

Son unha das personaxes do ano

 Mañán teño exame de Psicoloxía ás nove da mañán. Agora que estou no blog aproveito para descansar un pouco de tantas e tantas teorías que estiven repasando estes días. Dando unha volta polas distintas páxinas web que observo para enterarme un pouco do que sucede no mundo, chamoume a atención a portada da revista Time. E digo que me chamou a atención porque agora estamos nese periodo do ano no que se valora aos mellores en distintas areas e disciplinas. Que si futbolistas do ano, que si a mellor imaxen, o mellor programa e un longo etcetera de cousas varias, das que ninguén se acorda cando pasan uns anos. Pois, nesa tesitura, vai a revista norteamericana sae con que a personaxe do ano somos todos os que usamos internet, os que utilizamos a rede como ferramenta de traballo ou de ocio, apostando claramente por unha información personalizada. Destaca o novo auxe de internet, onde sobresaen portais como Youtube, Google e outros que están a cambiar as rutinas de milleiros de persoas en todo o mundo.

 

 

 

 

 

 

 

Posted by vanem at 18:44:28 | Permalink | Comments (2)