Saturday, December 16, 2006

Unha xornada de observación e reflexión

Sede de google en Madrid 

Onte, das seis horas lectivas que pasei nas práctivas, estiven catro na biblioteca lendo os documentos do colexio; aproveitei porque a miña titora, ademáis de inglés, da matemáticas e mentras daba esas clases, quedei examinando os documentos, que lóxicamente non se poden sacar do centro. Ademais, aproveitando que unha das orientadoras do centro tiña libre a última hora da tarde, estivenlle facendo preguntas sobre as pautas que se siguen no centro en canto a atención a diversidade. De forma moi amable e amena, explicoume como traballan ela e a súa compañeira no centro. Hai un par de nenos en Primaria e Secundaria con problemas para seguir una evolución normal da clase. Elas, por separado, collenos para a aula de orientación e alí traballan con eles un par de sesións por semana.

Fai un par de semanas puxen unha foto da aula de informática do centro; onte estiven preguntado si se usa e quen a usa; hai un profesor de informática, que ademáis é o que diseña e actualiza a páxina web do colexio, que da un par de clases semanais; ademais, o de historia que tamén da cultura clásica, tamén utiliza a aula de informática. En cultura clásica, usan un cd de exercicios interactivos bastante interesante e en historia algo parecido. Despois, nada de nada. Pode ser porque a idade media das profesoras non é moi baixa, e xa se sabe que as novas tecnoloxías costan un pouco, como todolos cambios, non?

Posted by vanem at 12:11:50 | Permalink | No Comments »