Sunday, December 10, 2006

Mañán a traballar

Hoxe celebrase en todo o mundo o Día dos Dereitos Humanos centrándose os actos do día de hoxe na pobreza. Realmente, hoxe en día, nótanse cada vez máis as diferencias entre as zona desenvolvidas e as zonas subdesenvolvidas. Nunha entrada anterior do meu blog, poñía un mapa do mundo, onde en relación coa iluminación, quedaba patente a diferencia entre o Primeiro Mundo e o resto do planeta. Mentres a xente por aquí anda a mercar todo tipo de artiluxios e regalos (as colas para mercar as consolas son de xulgado de garda), e onde o gasto medio de cada familia para este Nadal vai a andar preto dos mil euros, noutras partes do mundo hai xente que se morre de fame, literalmente falando. O señor que temos na foto é Muhamad Yunus, coñecido por ser o fundador do banco dos pobres (Grammen Bank), onde a través de microcréditos permite que unha parte da poboación poida sair adiante co seu traballo. Hoxe pola mañán entregaronlle o Premio Nobel da Paz en Oslo. Unha voz dentro dos pobres para que oiamos os dos países máis ricos. Deberían de tomar nota os grandes bancos europeos, que cada vez están afogando máis a xente.

Falando das novas tecnoloxías, estos días estou recibindo moitas mensaxes no meu correo acerca das compras en internet, de promocións de telefoní móbil,… Particularmente, nunca merquei nada por internet e, tal é como están as cousas non penso facelo en moito tempo. Que si seguridade, que si non hai problema, que o que queiran, pero a min de momento non me da a seguridade necesaria unha compra a través de internet. A outra cousa, e o chiste de Forges é boísimo, refirese o da telefonía móvil. Outro timo ou outro comecartos; antes de nada teño que dicir que eu teño móvil pero non de contrato; recargo o meu teléfono cando quero e punto. Pero teño amigas que o teñen de contrato e que cando se quixeron cambiar, casi teñen que facer unha oposición para darse de baixa. Si o de internet ten a xente coa mosca detrás da orella, o dos móbiles outro tanto. Un dos erros das novas tecnoloxías, a famosa letra pequena …

Posted by vanem at 16:11:58 | Permalink | Comments (1) »