Saturday, December 9, 2006

Unha película que non deixa indiferente a ninguén

Cansada xa de tanto estudiar e de tanto andar mirando webquests, pola noite decidin ir ao cine. Non había moito na cartelera (problemas de vivir nunha pequena vila) e optei por ir a ver esta película. Antes de comentar nada dela, dicir que o que me chocou foi ver a moitos nenos pequenos, de entre doce e catorce anos. A película poñía que era para maiores de 13 anos, pero dende o meu punto de vista, boa parte das escenas e dos comentarios son para maiores de 18 anos.

A película é unha barbaridade, un sinfín de situacións violentas, pero nalgúns casos reais. Os xudeus, os árabes, os gays, as mulleres son criticados e insultados dun xeito que choca moito coa mentalidade americana. Por certo a película é financiada polos estudios da Fox e foi precisamente nos EE.UU. onde recibiu as maís furibundas críticas. Quizáis os únicos grupos que non son cuestionados na película son os negros e as prostitutas, o resto é para vela. A escena que ten cos universitarios bebendo como cosacos unha supercaravana ou na que está nun acto relixioso son moi boas. A comunidade xudía, o colectivo gai, certas congregacións relixiosas, as irmandades universitarias e un cento de asociacións pediron que a película nos se exhibise. Pero os cartos son os cartos e a película, que custou 18 millóns de dolares, xa vai polos cen en canto a recadación.

Si nos Estados Unidos, recibiu duras críticas, quedábame a duda de que era o que opinaban en Kazajistán, lugar de inicio e fin da película. Bueno, pois o seu presidente, unha recente visita a Londres, dixo que era unha forma de publicidade, non boa, pero que polo menos a xente sabería onde quedaba o seu país.

Poño a sinopsis da película, por si alguén se anima a ir a vela e si fai un comentario sobre a mesma:

Sacha Baron Cohen, el peculiar protagonista de “Ali G anda suelto”, lleva su popular personaje de reportero de Kazakistán llamado Borat a la gran pantalla. El periodista Kazajo debe viajar a Estados Unidos por orden de su gobierno. Allí deberá filmar un documental pedagógico, que recoja lo mejor de la gran potencia para que, de regreso a la “gloriosa nación Kazaja”, el país aproveche sus enseñanzas. Pero el trabajo no será tan fácil como parece… (FILMAFFINITY)
—————————————-
Con formato de falso documental, “Borat” ha sido aclamada en Estados Unidos, por gran parte de la crítica, como una película divertidísima, una ingeniosa sátira que en su aparente sencillez -básicamente un tipo detestable que hace preguntas a la gente mientras viaja por el país- resulta al mismo tiempo ácida, irreverente, inteligente y políticamente incorrecta como pocas comedias de los últimos tiempos. Además ha obtenido un sorprendente éxito de taquilla, ocupando durantes sus dos primeras semanas el puesto nº1 en el Box Office.

Posted by vanem at 12:16:47 | Permalink | No Comments »