Friday, December 8, 2006

Maís de ríos desbordados

Sigo a voltas co do tempo; fai uns minutos que saín a sacar unhas fotos sobre os ríos que pasan preto da miña casa.Hoxe alonxeime un pouco e fun á parroquia de Bertoa, por onde pasa o Anllóns. Preto do seu camposanto, o río ía totalmete desbordado. Esta foto é a dunha árbore que está na beira do río. Mellor dito, estaba na beira, agora esta no cauce do río.

Esta foto é do río Bardoso; pasa a poucos metros da miña casa; o que máis me impactou foi a forza que leva a auga; non sei si se nota ben na foto, pero estando alí, entre o ruido da auga, o vento e a forza que leva a corrente, asustaba un pouco.

Posted by vanem at 16:43:27 | Permalink | Comments (1) »

Volvo coa wii no medio do temporal

Entre chubasco e chubasco e granizada e granizada, volvo a entrar no meu partícular caderno de bitácora. Chamame moito a atención estes días todo o relacionado coas videoconsolas e concretamente o da wii. Falando hoxe coa filla dun amigo, que ten oito anos, xa lle dixo aos seus pais que a quería para regalo de Reis. Cando a rapaza se foi a xogar e falando eu cos pais, éstes xa foron a pedila e sorpresa, non a teñen. Máis sorpresa, comezase a vender mañán e as primeiras unidades xa están encargadas. E a coña é que o xogo vale 249 euros e os xogos non son nada baratos tampouco. Teño que dicir que a min todo este mundo das videoconsolas e demais nin me vai nin me ben, pero que me parece que está un pouco descontrolado, ¿non?

Onte poñía a historia do blog do Hospital da Virxen da Xunqueira, onde os enfermeiros metíanse cos doutores, éstes co director…, que se poñían a parir, a través de internet, pero sen dar nomes reais, senón con apodos. Pois a páxina deixou de existir, morreu (queda mal esta palabra falando dun hospital), co cal se intentades acceder a ela, mala sorte, xa desapareceu. Esperemos que arranxaran os seus problemas.

Onte pola noite cando acababa co traballo da diversidade e vendo o temporal que facía, puxenme a mirar outros blogs e atopei un dun profesor canario de onde saquei a noticia de que podías facer unha páxina de inicio personal, a través do programa protopage, que podedes atopar en www.protopage.com. Eu xa a fixen e aínda que ao principio non me enteraba de nada, cando rematei, aínda non me quedara mal de todo.

Posted by vanem at 15:17:47 | Permalink | No Comments »