Thursday, December 7, 2006

No descanso dos traballos

Outro día maís a voltas con todolos traballos que teño que facer para o primeiro trimestre. Hoxe, é un día extraño por estar metido entre os dous días festivos, aínda que para os do gremio da educación este día aparecera marcado coma o “Día da ensinanza”, co cal a partires deste ano tres festivos seguidos, xusto antes das vacacións do Nadal. ¿Que pensarán os pais?

Hoxe, mentres me tomo un pouco de descanso co traballo que estou facendo de atención a diversidade, vou a recomendar dúas páxinas web, que teñen que ver con estas datas de festa e, en certa medida de descanso. Agora o de internet facilitanos moito ese problema de ter que escribir postais e postais de felicitacións. Si queredes ser orixinais, ide a www.geogreeting.com, onde podedes mandar unha postal de felicitación onde as letras están formadas por edificios reais (case todos nos EE.UU);por exemplo, se temos unha amiga que se chame Amparo, este sería o resultado. Probade si queredes.

 
Para ver anuncios orixinais, pequenas películas en vinte segundos, recomendo esta outra páxina, www.veryfunnyads.com,
en inglés pero con spots realamente sorprendentes.
Bueno, tras este pequeno descanso, a seguir traballando.
 
Posted by vanem at 15:02:44 | Permalink | No Comments »