Xa o dicía onte ou antonte, de ponte para descansar ía a ter moi pouco por non dicir casi nada. Agora aparquei un pouco a da webquest, ata que poida quedar cos outros dous compañeiros, e estou co traballo de atención a diversidade. Un pouco de lío teño na cabeza; ¿qué podemos entender por diversidade? ¿Incluimos a inmigrantes, a alumnos/as con problemas de audición, con certo retraso, aos superdotados…? Falando coas dúas orientadoras que temos no centro onde fago as prácticas, elas centran o seu traballo cos alumnos que teñen certas dificultades para a aprendizaxe, que lles costa asimilar conceptos e ideas cos seus compañeiros asimilan ben. Con ese alumnos traballan en lugares especiais, sempre de xeito individual, como creo que se fai en casi en todolos sitios. Pensaba que era o xeito máis normal, pero onte pola noite lendo a libro de Teresa Huguet Comelles, “Aprender juntos en el aula” (Editorial Grao, 2006), resulta que di que no centro onde ela traballa, nas aulas onde hai nenos con esos transtornos, están a profesora e a orientadora, que non se busca un lugar diferente, que se quere a integración do alumno/a co resto dos compañeiros. Unha iniciativa interesante que creo que favorece maís a integración do alumno. Recomendo a lectura do libro, que me parece bastante interesante dende a perspectiva da atención a diversidade.
Alonxado xa do mundo das ideas, comento un par de noticias máis do mundo real, e que supoño que recibirán opinións para todolos gustos. Canto menos simpática a que aparece na edición dixital de “La Voz de Galicia”, co seguinte titular:
Médicos y enfermeros del hospital de Cee se desahogan en un blog
Como podemos ver os blogs tamén sirven para “poñer a caldo” problemas no traballo; neste caso os profesionais do hospital de Cee, que usaron un blog para poñer en coñecemento de todos os que o queiran ler, os seus problemas profesionais. A páxina é esta,www.persoalhvx.blogspot.com pero eu nas veces que tratei de entrar, nada de nada. Probade vos si queredes. A noticia está neste enlace, http://www.lavozdegalicia.es/se_tecnologia/noticia.jsp?CAT=39072&TEXTO=100000112873.
Paa os amantes dos xogos e das videoconsolas, o sábado chega a que está chamada a ser a raíña dese mundo dos xogos. Chámase a Wii e fabricaa Nintendo. Polo que di todo o mundo, non é o típpico videoxogo de estar sentado e quieto, senón que obriga a movementos e, según comentario, ata se suda. Podedes ler a noticia na seguinte páxina http://www.elmundo.es/suplementos/ariadna/2006/305/1164986462.html 