Monday, December 4, 2006

Unha semana corta

A piques de rematar o mapa conceptual sobre a webquest, poñome a darlle un pouco as teclas do ordenador nunha semana curta, que non está de máis descansar uns cantos días. Aínda que descansar, descansar non creo que descanse moito porque con tantos traballos, recopliar información e demais historias non sei si terei moito tempo para descansar.

Como xa vichedes, cada pouco tempo leo os xornais e sempre aparecen noticias que teñen que ver coas TIC e realmente a veces quedo sorprendida de certas cousas. Por exemplo, hoxe estiven vendo algúns blogs das noticias das inundacións de Vilagarcía e quedaba abraiada con algunhas fotos, moito mellores cas dos xornais e con testimonios en tempo real sobre o que, desgraciadamente, aconteceu na vila arousana. Aproveito para poñer a foto do “culpabel” de todo este fenómeno, poderíamos dicir social, e do que aínda non se coñece o seu alcance. Trátase de Evan Williams, fundador de Blogger e que é un dos novos ricos xovenes gracias a internet. Creo que era o mes pasado onde xa poñía unha foto doutro rapaz, de máis ou menos a mesma idade que tamén se está facendo de ouro gracias a unha idea orixinal, porque se o pensamos ben, os diarios levan facéndose centos de anos (¿quen non fixo un de pequena?). O que pasa é que estes tíos desenrolaron esta idea no momento adecuado e no sitio preciso. Deixo os enlaces de dúas noticias para que vexades algo máis do mundo dos blogs e como se pode triunfar con poucos anos;estes son os enlaces: http://www.elpais.com/articulo/nuevos/reyes/Internet/elpepusoc/20061203elpepisoc_2/Tes  e

http://www.lavozdegalicia.es/se_tecnologia/noticia.jsp?CAT=39072&TEXTO=100000112542 

 

 

Posted by vanem at 20:17:04 | Permalink | No Comments »