Outras novas para pensar

Para uso de novas tecnoloxías, non todas con fins pacíficos, para que engañarnos, o que temos na foto, o James Bond, o axente secreto máis famoso do mundo. Avances técnicos das primeiras películas, dos cales nos ríamos porque parecían de ciencia ficción, agora usanse. Non fun a ver esta película pero supoño que haberá algo do que acabo de dicir. Pero fotos e pelis ás marxe, dúas novas que tamén teñen que ver coas TICS e que supoño que darán que facer a cabeza de máis de un:
-
Si ledes o artigo que aparece aquí, en http://www.elpais.com/articulo/internet/premio/Pulitzer/reconoce/madurez/periodismo/digital/elpeputec/20061128elpepunet_4/Tes
coincidiredes comigo en que o avance de todo o que levamos dito é imparable. Esa categoría menor que se lle daba a todo o virtual, vai desaparecendo e agora ata a prestixiosa universidade de Columbia, organizadora dos Premios Pulitzer, recoñece a valía do periodismo dixital, co que llevai comendo terreno á información escrita.
-
O poder dos blogs; nesta outro artigo, en http://www.elpais.com/articulo/internet/poder/disuasion/blogs/elpeputec/20061128elpepunet_3/Tes, aparece un informe no cal ponse de manifesto a importancia desto que estamos facendo nos, un blog. Resulta que un producto que recibe as críticas dos consumidores nun blog, inmediatamente baixa a súa venta. Outra arma máis para nos, os consumidores, que desta forma podenos vacilar cando mercamos algo, pero podemos tomarnos a revancha a través do blog…
Para acabar, deixovos o USB de James Bond, para que vexades como se pode facer publicidade. Por certo, non é demasiado caro, creo que 45 euros.