O mundo dos blogs en Galicia, que xa somos uns poucos, mentras sigo de prácticas

O mapa dos blogs de Galicia
¡Vaia día! Para ir ás prácticas case teño que coller unha lancha. Onte non puiden escribir nada porque non me iba a páxina e iso que probei ata en tres ordenadores distintos. Falando de probar, dicir que no colexio no que estou só un ordenador ten conexión a internet e está na secretaría, co cal o seu acceso limitase, básicamente, a tarefas administrativas, co cal a aplicación das TIC no desenrolo da aula é bastante limitado. Si que hai sala de informática (doce ordenadores) pero nalgúns non funciona o CD-Rom, polo cal as cousas aínda se complican máis. De todolos xeitos, o desenrolo das clases que vin ata o de agora non precisan de novas tecnoloxías porque seguese un sistema, chamemoslle tradicional, que non difiere moito do que usaban cando ía eu a escola.
Deixando un pouco de lado ese tema, do que xa irei contando, chamame a atención este mapa que poño para comezar a entrada deste día. É un mapa de Galicia onde aparecen sinalados os blogs operativos da nosa comunidade autónoma; está na seguinte páxina, http://www.lantania.com/mapa/mapa.php, e volve a aparecer de manifesto como van relacionados os temas das novas tecnoloxías e a economía. Si nos fíxamos, vemos que a meirande parte das bitácoras concentranse na zona litoral no eixo que vai dende Ferrol ata Vigo. Botadalle unha ollada a ver si aparecedes vos…
El mapa es muy interesante, pero fijate que no hace alusión a los blogs de Galicia, sino a blogaliza que es un servidor de blogs gallego, uno de los varios que ya hay por aqui. En ese por ejemplo, ni tu ni yo estamos.
Veo que las prácticas te estan siendo muy productivas. Es interesante ver cómo funcionan las escuelas, como has visto en el foro, cada una funciona a su manera. ¿qué estas sacando para analizar? ¿por qué crees que hay tanta diferencia entre las escuelas?
Adriana
Respecto á idea da inclusión e exclusión de blogs, non creo que sexa o criterio que emprego o de estar na blogaliza, como listado, senón de ser blogs en Galiza.
Dito esto, o criterio é lingüístico. Son blogs escritos en galego que no seu día quixeron estar no listado.
Manexo unha lista hoxendía de máis de 2000 blogs, pero non localizados porque para iso se encesita a colaboración de que os escribe, indicando o seu lugar simbólico sobre a xeografía galega.
É máis, facendo zoom vense os dos EUA, Suecia, etc.
Unha aperta.
Pois mola e cada canto se actualiza o mapa…a miña zona está baleira, será a famosa fenda dixital, vense agrupados en torno a Coruña e costa de Pontevedra.