Tuesday, November 21, 2006

Segundo día de prácticas

Foto da entrada principal do meu colexio de prácticas

Segundo día de prácticas no meu colexio; chámase Artai e está en Carballo. É un centro privado onde se imparten clases dende Educación Infantil ata Educación Secundaria. Polo que me dixeron hai uns trescentos alumnos e o número de profesores é de vintecinco. Hai comedor, transporte por estar un pouco alexado do centro urbán e ata teñen un pequeno pavillón polideportivo,onde practican baloncesto e ximnasia rítmica, polo que me dixeron.

De momento, ben, xa estiven cos alumnos de 1º, 2º e 3º de Primaria e non teño queixa nin deles nin da profesora-titora que me vai a dirixir nestas prácticas. Si queredes saber algo máis deste colexio, podedes consultar a páxina web que é : www.gpgamma.com/artai.

 

Aula de informática do centro

 

Posted by vanem at 17:08:04 | Permalink | No Comments »