Mat Mullenweg, creador de Wordpress.com en Sevilla

Aqui o tedes, con vintadous anos, Matt MULLENWEG, o creador de Wordpress. com, un sistema co cal se pode facer unha páxina web en moi poucos minutos. Ademais, como dí na entrevista que sae hoxe en “El Pais.es” (ollo, a partires de agora Elpais.com)fala do mundo dos blogs coincidindo coa xuntanza que se está facendo en Sevilla. E como non, dí o medo que teñen os medios de comunicación tradicionais con toda a respercusión dos blogs. Ata o de agora os medios daban a información, e nos como suxeitos pasivos, leíamola, escoitabamola ou a veíamos. Claro, co dos blogs, todo troca. A información axílizase e o que é maís importante democratizase, todo o mundo, se quere, pode ser periodista. Lóxicamente, isto ten que fastidiar aos que queren controlar a información. Poñovos o enlace no cal podesde ler a interesante entrevista que se lle fai no diario dixital: