Comezou o Evento Blog España

Comezou onte en Sevilla a concentración de blogeros nacionais; fan o que facemos nos pero por hobbie, non porque haxa unha asignatura polo medio. Entereime que todo este “boom” dos cadernos de bitácora (prefiro a palabra en castelán ou galego, non me gusta o termo blog) ten menos de unha década, pero neste tempo vai camiño de bater todolos records do mundo mundial. Maís de cincuenta millóns de blogeiros polo mundo adiante. ¿Principal problema dos blogs, dende a miña opinión? Hai moitos que se crean e que non se actualizan rápido, co cal o seu valor disminue. Para máis información deste encontro, recomendo ir a seguinte dirección: