Friday, November 17, 2006

Parece que Touriño mira o meu blog

 A familia Peralta podería optar a subvención da Xunta de Galicia

Resulta que poño na miña anterior entrada o das TIC, sobre todo nalgúns sitio algo en precario, e lendo a edición dixital de La Voz de Galicia, aparece isto:

Las familias numerosas gallegas recibirán 200 euros para conectarse

La Xunta ha habilitado una partida de 105.000 euros para financiar la conexión de este colectivo.La secretaría de la Igualdad y la Asociación de Familias numerosas han firmado hoy en Santiago un convenio de colaboración mediante el cual este departamento de la Xunta destinará 105.000 euros a financiar la conexión a internet mediante banda ancha.

El objetivo del convenio es conseguir una mayor presencia de las familias numerosas en Internet, la divulgación de esta herramienta como medio de desarrollo cultural y social y la promoción de su uso entre los niños en edad escolar.

El importe de la ayuda será de 200 euros en un pago único, con el que se podrán beneficiar más de 500 familias, mientras la asociación colaborará en la tramitación de las ayudas.

Co cal hai dúas solucións: a casarse rápido e a ter fillos ou si tedes a sorte de ser máis de catro na casa, a pedila subvención.

Posted by vanem at 13:29:10 | Permalink | No Comments »

Os problemas das novas tecnoloxías

 

 Xente facendo cola en Nova Iorque para comprar a nova Play Station3. Sen comentarios

Volvo ao blog e teño que dicir que xa me apetecía escribir algo sobre a actualidade. Son varias as reflexións que me viñeron á cabeza estes días, e que onte aumentaron polo tema da webquest. Por partes, o outro día, creo que foi en Antena 3, puxeron unha reportaxe na que explicaban, o que chamaría eu a cara B das novas tecnoloxías: a excesiva dependencia que ten a xente do teléfono móvil, os adictos a internet, xente que está horas e horas diante do ordenador e que non quere ter relción con ninguén, os “chatdepedendentes”, os adictos ós xogos (o da foto é de coña)…. Por fortuna para min, eu non me vexo metidos nun deses problemas pero o que me asusta e que na meirande parte dos casos, trátase dun problema gordo e que afecta, incluso, a xente con formación.

Respecto o das webquests, onte víñame a risa porque o meu mozo o ano pasado fixo na clase de Historia unha webquest cos alumnos de 4º de ESO, cun gran mérito. No seu colexio só hai un ordenador con conexión a internet (que non poden usar os alumnos), co cal fixeron a webquest con moito inxenio, imaxinación e a boa predisposición dos seus alumnos, que tiñan que facer todo o traballo nas súas casas. Creo que era sobre a Revolución Industrial. Isto lévame a prantexarme, como é a utilización de internet nas aulas. Por exemplo, sei de centros nos que a sala de informática apenas se usa e outros nos que hai un ordenador para cada alumno. Ademáis, ¿qué profesor se prantexa facer unha webquest? ¿Saben todolos profesores o que é unha webquest? Que cada un pense o que queira, pero a min, en xeral, non me da moi boa espiña.

Posted by vanem at 11:59:07 | Permalink | No Comments »