Thursday, November 16, 2006

O SEGUNDO TRABALLO

Hoxe era o último día de plazo para entregar o segundo traballo. A verdade é que non tuvemos moito tempo para facelo, imos a bastante velocidade nesta clase. Entendo que temos que apurar porque son poucas clases pero casi non dá tempo a acabar un para empezar o seguinte, que por certo, xa nos temos que ir poñendo con el porque nos vai levar o seu tempo. Consiste en diseñar unha webquest, casi nada!!

 O segundo traballo estuvo ben porque creo que é necesario que nos planteemos que información hai en Interner en canto á educación, que podemos usar, si merece a pena ou non, que enfoques están incluídos nas páxinas e todo eso. Pero a verdade é que me levei unha sorpresa porque pensaba que iba ser máis fácil encontrar cousas boas, de calidade, que se basen no famoso “constructivismo”, e non foi así. Hai moitas, moitas e moitas páxinas de software educativo pero non moitas nos convencían. Aínda así usamos catro exemplos para analizar nas fichas e non todas elas nos convencían completamente. É o que hai. Ahora teremos que ir decidindo de que imos facer a webquest, cal vai ser a task e todo eso, pero por hoxe xa acabou a xornada.

Posted by vanem in 21:22:54
Comments

Leave a Reply