Galicia tamén está presente no SIMO 2006
Perdoade que siga a voltas co do SIMO, pero é que me parece que ten moita relación con todo esto das novas tecnoloxías. Algunha das cousas que alí se están a presentar parecenme de ciencia ficción e seguro que dentro de nada xa as teremos nas nosas casas e as usaremos con total normalidad. Hoxe, para min, a noticia ten que ver coa empresa santiaguesa de Blue:sens (por certo o meu primeiro pen drive compreillo a eles) que presentou o G12, primeiro reproductor de música, vídeo e fotos que conta con conectividade inalámbrica Bluetooth. Tamén está presente unha empresa de Redondela, Printeco, a Sogama dos productos informáticos.