MICROSOFT
Hoxe estuven lendo o artículo que saía o domingo en El País, sobre Microsoft. Cebrián, un dos periodistas máis importantes do medio, entrevista a Steve Ballmer, o novo gurú de Microsoft, que sustitúe a Bill Gates. Nas tres páxinas de entrevista, o novo xefe pronostica o fin dos periódicos impresos e tamén di que a maioría das accións cotidianas vanse realizar coa axuda das novas tecnoloxías. Fai esta entrevista un par de meses antes de presentar o novo producto de Microsoft, chamado VISTA.