Sunday, October 29, 2006

Un día máis

Xa é domingo e todo o rosario de traballos, tanto os individuais como os de grupo, estanme sacando un montón de tempo. Eso sin contar a cantidade de apuntes e fotocopias que teño enriba da mesa pendentes de ler. Pero en todo hai cousas boas neste soleado domingo de outono. Cada vez que me poño co blog descubro unha cousa nova e teño que dicir que me resulta interesante; onte descubrín onde se poden engadir o das links( na barra lateral chámalle blogroll, término que incluso no diccionario non aparece Cool). Onte puxen os links dos meus compañeiros,  da profesora da asignatura e algunha outra páxina que consulto habitualmenteSurprised. Sigo descubrindo cousas.

Posted by vanem at 14:52:36 | Permalink | No Comments »

Saturday, October 28, 2006

IMPACTO DAS TIC

POR QUE E PARA QUE AS TIC EN EDUCACIÓN 

Estuven lendo artículos para facer o primeiro traballo, contestando á pregunta “por que e para que as TIC en educación”. É unha cuestión moi interesante e como futuros mestres todos non deberiamos plantexar esa pregunta. Creo que temos que avanzar para non quedarnos atrás con respecto á marcha que leva o mundo das tecnoloxías. Pero tamén creo que queda moito por facer en canto a este tema. Non sei eu si todo o mundo está disposto a usar ordenadores na aula porque hai moita xente reacia a todo o que sexa novo. E por suposto, as Administracións Públicas terían que comprometerse e facer moito para que todo este mundo das tecnoloxías se levase á práctica nas aulas.

Posted by vanem at 19:32:31 | Permalink | No Comments »

Wednesday, October 25, 2006

MICROSOFT

Hoxe estuven lendo o artículo que saía o domingo en El País, sobre Microsoft. Cebrián, un dos periodistas máis importantes do medio, entrevista a Steve Ballmer, o novo gurú de Microsoft, que sustitúe a Bill Gates. Nas tres páxinas de entrevista, o novo xefe pronostica o fin dos periódicos impresos e tamén di que a maioría das accións cotidianas vanse realizar coa axuda das novas tecnoloxías. Fai esta entrevista un par de meses antes de presentar o novo producto de Microsoft, chamado VISTA.

Posted by vanem at 18:30:16 | Permalink | No Comments »

Saturday, October 21, 2006

 

Posted by vanem at 12:18:13 | Permalink | No Comments »

Thursday, October 19, 2006

O mundo das tecnoloxías

Empezamos as clases das novas tecnoloxías, e adentrámonos no mundo da informática que nos será moi útil para o noso futuro como docentes.

Posted by vanem at 16:40:11 | Permalink | No Comments »