28/12/2007

FELICES FESTAS A TODOS!!

Moi boas a todos!
Fai moito que non lle dedico nin un minuto ó dichoso blog pero non podía acabar o ano sin facer unha última entrada para felicitar a todos os que lean esto. Aínda que estas datas non me gustan moito e prefiro que pasen canto antes, espero que as pasedes o mellor posible e en compañía de toda a familia e amigos.
Que o ano novo vos traia moitos regalos e cousas positivas. Saludiños.
Feliz 2008!!
Wink
Posted by at 19:56:09 | Permanent Link | Comments (0) |

22/10/2007

CUMPLEANOS DO BLOG!!

Dinme conta, aínda que uns días tarde, que o meu blog está de cumpleanos. Sabía que era por estas datas pero non me acordaba do día exacto. Non tuven moito tempo a mirar antes, pero agora acabo de facelo e resulta que cumpliu un ano o venres pasado (o 19 de outubro). Quen me iba dicir que iba aguantar tanto tempo o famoso blog que tuven que empezar a facer na clase de novas tecnoloxías.
A verdade é que era a primeira vez. Gustoume a idea de ter un diario na rede, pouco a pouco fun incluíndolle cousas e facéndoo á miña maneira. A pesar de que creo que lle dediquei bastante tempo durante a duración da asignatura de maxisterio, creo que non se viu recompensado para nada porque a profesora non lle dou moita importancia a tódalas entradas que fixen durante o primeiro cuatrimestre. Pero bueno, o "mundo de maxisterio"...ja, ja, ja, esa é outra historia da que non  me apetece falar ahora mesmo. Como xa dixen antes, hoxe non teño un humor moi bo, así que non sería o mellor momento para falar desa facultade.
A cuestión é que sigo escribindo no blog despois de pasar un ano, a verdade é que eu mesma pensaba que non me iba durar tanto tempo, pero ó final sigo manténdoo, aínda que tampouco é que lle dedique tantísimo.

Posted by at 21:47:22 | Permanent Link | Comments (0) |

O APASIONANTE MUNDO DAS OPOS

Como facía tempo que non escribía nada, aproveito ahora que descanso un pouco de estudiar para dedicarlle algo ó meu blog, que o teño abandonado.
Pois si, aquí estou, metida neste lío das oposicións que son un auténtico coñazo. Paso de pensalo moito e de comerme a cabeza porque me queda un largo curso por diante. Pero é que hai deses malos días nos que solo de pensar todo o que teño que facer xa me dá moi mal rollo. Que si os temas, que si as unidades didácticas, que si a programación...Xa vos podedes imaxinar, solo decir a palabra("opos") e todo o que supón...E menuda maneira de descansar do estudio, falando do mesmo tema. Será que hoxe non estou de bo humor, un día no que vexo todo negativo e moi chungo...

Posted by at 21:19:09 | Permanent Link | Comments (0) |

20/09/2007

Agora unha de boda

A finais de agosto casáronse a miña amiga Gema e máis o seu mozo de toda a vida , Fabián. Nun día de sol, que caían os páxaros dos postes da luz, a boda foi emotiva (moitos choros tanto na ceremonia coma no banquete), festiva (algúns dos amigos de Fabián eran do máis coñeros) e festeira ( estivemos bailando na de Elías ata ás dúas da mañán).

Posted by at 15:24:15 | Permanent Link | Comments (3) |

Por partes

Polo verán andiven desconectada do mundanal ruido e o meu mozo, non tivo mellor idea para "evadirse" que ir de vacacións para Brasil. Como todo o mundo sabe, Brasil máis que un país é un continente e nós estivemos no Estado das Lagoas, nun pequno pobo chamado Maragogi. Alí, un amigo noso, Alberto, xunto con outros dous socios, montou un hotel resort espectacular (máis información nesta web, http://www.miramarmaragogiresort.com/). Estivemos oito días a corpo de reis e deunos tempo a visitar lugares e parias espectaculares. Esta foto sacámola na cidade de Olinda, unha fermosa cidade constuida polos portugueses alá polo século XVI. Situada nun alto, dende ela podese ver a cidade de Recife, unha das maís perigosas do mundo.

Posted by at 15:16:43 | Permanent Link | Comments (0) |

17/09/2007

POR FIN!!

Hola a tod@s! Era hora de que puidera escribir algo no meu blog outra vez. Ultimamente cada vez que quero poñer algo non son capaz porque a páxina de blog.com non me deixa, non entendo a razón, incluso probei desde outro ordenador distinto ó meu e tampouco mo permitía. Tarda moitísimo en abrir, bueno en realidade non abre, e ó final acabo perdendo a paciencia. Xa sabedes, o mundo dos ordenadores é así!! Esta vez si funcionou, xa era hora.

Así que sigo aquí, non desaparecín. Tampouco é que teña moito que contar, pero aproveito para dar señales de vida. Saludos.

Posted by at 22:15:49 | Permanent Link | Comments (0) |

18/08/2007

Por fin de vacacións

Rematei con todo; unha parte ben, a carreira de Maxisterio, que despois dun ano durísimo, fun capaz de rematala con todo aprobado.Costoume, pero fun quen de sacar todas as asignaturas (18) nun mesmo ano e ter deste xeito dúas carreiras. Non tiven tanta sorte nunhas oposicións que olían a podrido dende o primeira momento. Teño que recoñecer que apenas se tivera tempo para preparalas, pero todo o proceso que houbo ata as notas definitivas pareciume dunha república bananera.

Despois de todo este "speech", que pasa coa foto? Bueno, pois tras estar casi un ano sen saír e sen poder disfrutar, funme a Brasil, a un pobo perdido en medio de ningures, Maragogi. Alí desconectei de todo o mundanal ruido e puiden visitar auténticoas paraísos, como a Ilha da Croa. Sobran máis comentarios 

 

 

Posted by at 12:51:38 | Permanent Link | Comments (2) |

17/05/2007

Día das Letras Galegas+Día de Internet+Sigue a farsa electoral

 

Vaia día que temos hoxe en Galicia, tantos días de celebración, que non sei por cal comezar. Para nós o maís salientable é o das Letras Galegas, que ademais permitenos ter catro días libres, sen clase e de descanso para quen queira. A celebración deste ano vai para a poetisa María Mariño, que teño que recoñecer que non me sonaba de moito. Cada ano sonanme menos os escritores.

Tamén é o día mundial de Internet, o que me leva a preguntarme si hai algo ao que non se lle adique o día de. Tanto nas teles coma nos periódicos levan todo o día dando datos e falando da incidencia de internet e a súa implantación no noso país

Para rematar seguimos co asco das eleccións, si lles facmos caso na miña parroquia creo que van a poñer unha parada do AVE, unha terminal de aeroporto e un complexo hospitalario. Todo iso, sempre acompañado duns vasos de viño, empanada e demaís viandas Que carallada!!!!

 

Posted by at 21:22:33 | Permanent Link | Comments (1) |

05/05/2007

Canto tempo!!!!

Xa non me lembro da última vez que escribin no meu blog; varios amigos dixeronme si me pasara algo para levar tanto tempo sen escribir-. Teño que dicir que non me pasou nada, que o único problema que tiven foi a cantidade de traballo quefixen neste tempo. Explícome: as prácticas no colexio, os traballos de varias asignaturas e por último estudiar. Se engadimos a todas estas cousas a "pouca gasolina" que queda a estas alturas de curso, o resultado é claro:pouco tempo para investir no blog.
Volvo a carga con esta notica que está sacada da edición dixital da Voz de Galicia. Algo xa vira no medio impreso e poñoa aquí.Interrogantes: ¿abrese a tela á carta? ¿rematou a lei do share? ¿que opinades vos?  
PROGRAMACIÓN A LA CARTA
Imagen de noticia

Pocas personas pueden presumir de haber revolucionado el mundo de Internet como los escandinavos Janus Friis y Nikras Zeenstrom. Creadores del primer portal de intercambio de música, Kaaza, y del primer servicio gratuito de telefonía en la Red, Skype, la última invención de estos anarquistas pretende liberar a los internautas de la peor de las esclavitudes tecnológicas: la de la televisión. Para ello los dos empresarios lanzarán a finales de mayo la primera plataforma televisiva en la red capaz de retransmitir en directo, y gratis, más de 150 canales internacionales. «Siempre tienes que tener muy claro qué es lo que la gente necesita -aseguraba hace unos meses Friis a la revista Time-. Nosotros observamos que los usuarios no querían desconectarse de su ordenador para acceder a sus programas favoritos». Dicho y hecho. Dos años de trabajo, seis meses de pruebas y casi 60 ingenieros de alto nivel -todos ellos procedentes de empresas como Apple o Firefox- conseguían por fin obrar el milagro de Joost, nombre del portal. Aunque la idea de terminar con la caja tonta no es una novedad, otros como Microsoft llevan años invirtiendo tiempo y dinero para reinventar la televisión. Sólo Joost parece haber dado con la fórmula adecuada en el difícil empeño de movernos del sofá a la silla. Entre las principales ventajas que diferencian a la nueva televisión se encuentran su concepto minimalista, con un diseño que permite acceder a los canales con apenas un solo clic; lejos de portales como Youtube, el material emitido corresponde a cadenas de la talla de Warner Bross o Nacional Geographic; pero, sobre todo, la distingue el hecho de que sea un servicio gratuito que permite a los usuarios disfrutar de cientos de canales con tan sólo tres minutos de anuncios por cada hora de emisión

Posted by at 23:16:14 | Permanent Link | Comments (1) |

28/03/2007

Outra enciclopedia virtual

Vaia día de cans! Acabo de chegar de Santiago e non parou de chover en todo o camiño. Menos mal que estamos en primavera que si non... Seguro que algúns e algunhas despois do final de inverno que tiveramos xa gardara a roupa de inverno. Creo que é o momento de collela.

Estes días estou vendo unha serie de películas e de documentais sobre a situación de África e realmente estou espantada. Non é que non soubese o que sucede por eses países, maís que nada por que o meu pai xa leva uns cantos anos traballando polo mundo adiante e algo nos conta na casa. Pero é que despois de ver "La pesadilla de Darwin"," El jardinero fiel"e "Diamantes de sangre", hai unha serie de valores e cuestións do "noso mundo" que merecen unha reflexión.

Polos países desenvolvidos, a noticia tecnolóxica destes días é a creación dunha nova enciclopedia on-lin, virtual ou como lle queirades chamar. Xa vedes no dibuxo como se chama e o seu enderezo é o seguinte: en.citizendium.org. Parte coa base da famosa wikipedia e de feito é dun dos seus creadores pero pretende ter outro control. Xa contardes que vos parece

Posted by at 20:57:55 | Permanent Link | Comments (0) |